Guia docente 2012_13
E.U. de Enfermería (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Xestión de enfermaría
   Competencias de titulación
Código Descrición
A15 Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
A18 Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
A23 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
A26 Analizar os datos estatísticos referidos a estudos da poboación, identificando as posibles causas de problemas de saúde.
A33 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
A45 Coñecer o Sistema Sanitario Español.
A46 Identificar as características da función directiva dos servizos de enfermaría e a xestión de coidados.
A47 Coñecer e ser capaz de aplicar as técnicas de dirección de grupos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000