Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Observación sistemática Recompilación de datos sobre a participación e actitude do alumno, nas actividades expostas nos seminarios e nas las clases teóricas. Nota de corte 5. No caso de non ter superado este apartado o alumno deberá facer unha proba práctica onde terá que demostrar o seu coñecemento sobre os contidos impartidos nos seminarios. Nota de corte 5. 20 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
B10
B11
B15
B16
B17
C19
C20
C21
C22
C23
C24
C25
C26
C27
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 60 A1
A2
A5
B1
B2
B4
B9
B10
B11
B15
B17
C19
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto ... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. 20 B11
B15
B16
C20
C21
C23
C24
C25
C26
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Primeira edición
É indispensable aprobar cada unha das partes avaliadas cun 5 como nota mínima (o exame, as presentacións e a participación nos seminarios) para superar a materia. 

Avaliación para o alumnado con ausencias: Esta modalidade pode ser escollida en dúas situacións diferentes: 1. Os alumnos que por causas debidamente xustificadas non lles resulte posible a asistencia regular aos seminarios (máis do 90%), neste caso os alumnos deberán comunicar ao comezo da materia e por escrito á profesora responsable que non van asistir a devanditos seminarios, xustificando debidamente este feito. 2. Os alumnos que por diferentes causas, sempre xustificadas, non cumpran a porcentaxe mínima de asistencia. Nos dous casos non terán opción á modalidade de avaliación continua, pasando á "modalidade de avaliación para alumnado con ausencias". 
A avaliación para o alumnado con ausencias constará de dúas partes: 1. Un exame con preguntas de desenvolvemento. É necesario sacar un 5 sobre unha puntuación de 10 para aprobar (60% da nota final). 2. Un exame sobre os contidos dos seminarios. Nota de corte 5 sobre 10. (40% da nota final).   

Segunda edición: 
O alumno examinarase da parte que non supere na 1ª edición, o tipo de proba será o mesmo do mesmo xeito que as condicións (aprobar cada unha das partes avaliadas para superar a materia), nota de corte un 5. 

Convocatoria de fin de carreira: Criterio de avaliación: exame de preguntas de desenvolvemento (100%). Nota de corte 5.

Datas de exame:  As datas oficiais para a realización das probas de avaliación desta materia, nas súas dúas edicións, así como a convocatoria fin de carreira, serán as marcadas no calendario de exames aprobados no Centro. Ditas datas estarán dispoñibles para o alumnado tanto na páxina web da Escola como no taboleiro de información para o alumnado no centro.
A data/instrucións de revisión das probas de avaliación nas súas diferentes convocatorias, serán comunicadas oportunamente por parte da profesora da materia, no momento da publicación da lista de cualificacións provisionais serán as aprobadas e publicadas na web e taboleiros de anuncios do Centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000