Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballos individuais ou en grupos de poucos alumnos de temas vinculados coa materia da asignatura, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso da aprendizaxe. O apoio e orientación pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través do correo electrónico ou do campus virtual).
Nota de corte 5 sobre 10.
Para a nota final é imprescindible aprobar cada unha das partes.
20 A3
A5
C29
C30
D1
D2
D3
D4
D7
Seminario Avaliación contínua da participación, habilidades e destrezas do alumnado nas prácticas realizadas nos seminarios.
Exame de coñecemento da materia impartida nos seminarios mediante preguntas de resposta test valorada de 0 a 10 puntos, sendo necesario un 5 sobre 10 para darse superada esta parte. No exame indicarase se as respostas incorrectas restan e en qué porcentaxe.
Asistencia obrigatoria polo menos ao 90% do total das horas. De non cumprir a asistencia a/o estudante, deberá realizar unha proba en relación aos contidos impartidos nos seminarios. Esta proba será de tipo pregunta curta sobre o contido dos seminarios e será valorada de 0 a 10 puntos, sendo necesario un 5 sobre 10 para darse superada esta parte.
Para a nota final é imprescindible aprobar cada unha das partes.
A data dos exames publicaranse na páxina web da escola en no taboleiro de anuncios.
20 A1
A2
A3
A4
B7
B8
C30
C31
C32
C33
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame de coñecemento mediante preguntas de resposta curta e/ou test
Se as preguntas son tipo test no exame indicarase se as respostas incorrectas restan e en qué porcentaxe.
Nota de corte 5 sobre 10.
Para a nota final é imprescindible aprobar cada unha das partes.
60 A2
C28
C29
C30
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SEGUNDA CONVOCATORIA E SEGUINTES: a esta convocatoria deberá presentarse o/a estudante que non teña superada algunha/s das partes correspondentes desta materia (traballo tutelado, seminarios e exame de coñecementos). As notas das partes consideradas aptas, gárdanse só no mesmo ano
lectivo.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

A/o estudante poderá
presentarse a esta convocatoria de fin de carreira (previa matrícula
específica para esta convocatoria) na que prevalecerán os mesmo
criterios de realización e de avaliación indicados para a primeira
e segunda edición ordinarias. As probas de avaliación
correspondente, faranse na data indicada no calendario oficial
académico para esta convocatoria (fin de carreira).

A data de revisión
das probas de avaliación en cada convocatoria, serán comunicadas
por parte do profesorado da materia, no momento da publicación da
lista de cualificacións provisionais.

DATAS DOS EXAMES: as datas dos exames/probas de evaluación serán as marcadas dentro do calendario oficial académico da Universidade de Vigo e aprobadas en Xunta de Escola e que estarán dispoñibles para a súa consulta na web da Escola, así coma no taboleiro de anuncios para o alumnado no Centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000