Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario A avaliación da parte de seminarios da materia, constará de dous apartados, o que no global correspóndese con o 40% da puntuación total da materia.

1º. Avaliación continua.
Esta farase ao longo do cuadrimestre no que se imparte a materia, mediante a observación das habilidades e destrezas mostradas pola/o estudante na realización de técnicas, explicación dos procedimentos que se indiquen e a súa participación activa nos temas expostos nos seminarios.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
Esta avaliación correspóndese con o 20% da puntuación total da materia.

2º. Exame de preguntas obxectivas (tipo test).
En relación a materia impartida nos seminarios, farase unha proba de preguntas (tipo test), con 3 alternativas de resposta, sendo só unha delas certa.
A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E, acertos - erros).
As respostas en branco non restan puntuación.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
Dita proba farase na data marcada no calendario oficial académico.
Esta avaliación correspóndese con o 20% da puntuación total da materia.

Será preciso superar estas dúas probas de avaliación, para poder superar esta parte de seminarios da materia; o que será preciso tamén para superar a materia.

A asistencia aos seminarios é obrigatoria, mínimo o 90% do total das horas asignadas, no caso contrario a/o estudante, deberá realizar unha proba práctica en relación aos contidos impartidos nos seminarios, na data marcada no calendario oficial académico, na edición correspondente.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B7
B8
C31
C32
C33
D1
D2
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
Exame de preguntas obxectivas A avaliación da parte teórica da materia basearase na realización dun exame de preguntas obxectivas (tipo test), con 3 alternativas de resposta, sendo só unha delas certa.
A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E, acertos - erros).
As respostas en branco non restan puntuación.
A puntuación mínima para ser apto neste apartado será de 5.0 sobre 10.
Dita proba farase na aula e data marcada no calendario oficial académico.
Esta avaliación correspóndese con o 60% da puntuación total da materia.

Será preciso superar esta parte da teoría, para poder superar a materia.

60 A1
A2
A3
A4
A5
B8
B9
C28
C29
C30
C32
C33
D3
D4
D7
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación de recuperación da ausencia aos seminarios da materia.

A/O estudante que non asista no mínimo ao 90% do total
de horas asignadas de seminarios, deberá facer un exame práctico en relación
aos contidos impartidos nos seminarios da materia. A puntuación para
ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. Dita proba farase
na data marcada no calendario oficial académico. Esta
avaliación correspóndese con o 20% da puntuación total da materia. De igual xeito a/o estudante, deberá facer o exame de preguntas obxectivas, en
relación aos contidos impartidos nos seminarios da materia. É
preciso ter superado estas dúas probas de avaliación (exame
práctico e exame tipo test), para poder superar esta parte de
seminarios da materia.







edición ordinaria (xullo).

A
esta convocatoria deberá presentarse a/o estudante que non teña
superada algunha/s das partes correspondentes desta materia.






.- No
caso de que a/o estudante non
teña
superada a avaliación continua ou a proba
práctica de recuperación da ausencia aos seminarios, terá
que facer un exame práctico en
relación aos contidos impartidos nos seminarios da materia.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos
sobre 10. Dita
proba farase na data marcada no calendario oficial académico,
para
a 2ª edición ordinaria. Esta avaliación correspóndese con o 20% da puntuación total da
materia.







.-
No caso de que
a/o
estudante non
teña
superado
o exame de preguntas obxectivas
correspondente
a parte de seminarios da materia, terá
que
facer
esta proba de
preguntas tipo test. A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E, acertos - erros).
A
puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos
sobre 10. Dita proba farase na data marcada no calendario oficial
académico, para
a 2ª edición ordinaria.
Esta avaliación correspóndese con o 20% da puntuación total da materia.







Será
preciso superar estas dúas probas de avaliación (exame
práctico e exame tipo test), para poder superar esta parte de
seminarios da materia. Esta avaliación
correspóndese no global con o 40%
da puntuación total da materia.







.-
No
caso de que a/o estudante non teña superada a parte da teoría, deberá facer un
exame de preguntas obxectivas tipo test. A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E, acertos - erros). A puntuación mínima para ser apto neste apartado será de 5 ou
máis puntos sobre 10.
Dita proba farase na data marcada no calendario oficial académico,
para a 2ª edición ordinaria. Esta avaliación correspóndese con o 60% da puntuación total
da materia.







Para
superar a materia nesta 2ª edición ordinaria, será preciso superar a parte
de seminarios (proba práctica e proba tipo test) e a parte teórica da materia (exame
de preguntas obxectivas tipo test).

Convocatoria
de Fin de carreira.







A/O estudante, poderá presentarse a esta
convocatoria de fin de carreira (previa matrícula específica para
esta convocatoria
), na que prevalecerán os mesmos criterios de realización e de avaliación indicados
para a 1ª e 2ª edición ordinaria. As
probas de avaliación correspondentes, faranse na data indicada no
calendario oficial académico para esta convocatoria de “fin de
carreira”.











Outros
comentarios.

As datas oficiais para
a realización das probas de avaliación desta
materia, en todas as edicións, serán
as marcadas no calendario oficial académico da UVigo. Ditas
datas estarán dispoñibles
para a/o estudante na páxina web da Escola: http://euenfou.webs.uvigo.es/index.php/gl-es/

A
data de revisión das probas de avaliación nas súas diferentes
convocatorias, serán comunicadas oportunamente por
parte do profesorado
da materia,
no momento da publicación da lista de cualificacións provisionais.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000