Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica I
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Enfermaría clínica I Código O51G140V01204
Titulación
Grao en Enfermaría
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
9 OB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Departamento da E.U. de Enfermaría (Ourense)
Coordinador/a
Pérez Rodríguez, Raquel
Correo-e raquel.perez.rodriguez@sergas.es
Profesorado
Pérez Rodríguez, Raquel
Rodríguez Rodríguez, Alina
Vicos Padrón, César
Web
Descrición xeral A materia Enfermaría Clínica I pertence ao módulo das Ciencias da Enfermaría.
Nesta materia abordarase, desde o punto de vista enfermeiro, as alteracións da saúde nas diferentes situacións e relacionaranse ditas alteracións coa identificación das necesidades da saúde dos individuos. Para facer esta correlación, utilizarase o método científico para a resolución de problemas (necesidades non cubertas) derivados de ditas alteracións: o proceso de enfermaría.
Adquiriránse as habilidades para o desenvolvemento dos procedementos necesarios, para dar resposta as necesidades dos individuos nestas e outras alteracións da saúde, dun xeito práctico.
Non deixa de ser a aplicación do proceso de enfermaría desde unha perspectiva e enfoque clínico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000