Educational guide 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Farmacoloxía e dietética
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario A avaliación dos seminarios contará con dous partes que suporán un 40% da nota da materia. Unha parte será avaliación continua ao longo do cuadrimestre que dura a materia e suporá un 20%. Nesta parte valorarase a actitude e participación na aula, así como a resolución dos problemas expostos polo profesor na aula, así como as diferentes probas que se poidan expor.

O outro 20% da nota será examen con casos clínicos da materia impartida nos seminarios.

É imprescindible superar cada unha das partes para facer media, sendo necesario sacar 5 puntos sobre 10 na avaliación continua e 5 puntos sobre 10 no exame de seminarios para poder facer media.

O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia.
É imprescindible a superación da proba de cálculo de dose.

A asistencia aos seminarios é obrigatoria, cando menos no 90% do total das horas asignadas, no caso contrario a/o alumna/o, pasará a ser avaliado unicamente cun exame
40 A1
A2
A3
A4
A5
B9
B10
B11
B15
B17
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D11
Exame de preguntas obxectivas A avaliación da parte teórica realizarase con preguntas tipo test.
Cada tres preguntas falladas descontarase unha resposta correcta.
Para facer media coa nota de seminarios será imprescindible sacar 5 puntos sobre 10. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia.
60 C3
C4
C5
C6
C7
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
 Modalidade avaliación de seminarios: 

Si o alumno non pode asistir ao 90% das horas dos seminarios por causa suficientemente xustificada e documentada, o principio do cuadrimestre (nos primeiros 15 días) deberá comunicarllo ao coordinador da materia mediante a solicitude por escrito correspondente. No caso daqueles alumnos que por diferentes motivos, e sempre xustificados, aínda asistindo a algún seminario, non consigan a asistencia do 90% das horas dos seminarios ,se presentarán al exámen final.


 A avaliación de seminarios consistirá na realización dunha proba tipo cons casos clínicos aos contidos dos seminarios. Dividiráse en dúas partes, cálculo de dose e o resto da materia impartida nos seminarios. E preciso superar cada unha das partes  sendo necesario sacar un 5 sobre 10 en cada unha delas. A puntuación para ser apto nesta parte da materia será de 5 puntos sobre 10, e suporá un 40% da nota da materia. Será imprescindible superar esta parte para facer media coa nota da proba teórica. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia. 

 A avaliación da parte teórica realizaráse con preguntas tipo test. Cada tres preguntas falladas  descontarase unha resposta correcta. Para facer promedio coa nota de seminarios será imprescindible sacar 5 puntos sobre 10. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia. A avaliación da parte teórica suporá un 60% da nota.

 2ª edición:
O alumno que non superou a proba tipo test na primeira edición, deberá realizar de novo unha proba tipo test cos mesmos criterios de avaliación que os descritos para a primeira edición. Cada tres preguntas falladas  descontarase unha resposta correcta. Para facer promedio coa nota de seminarios será imprescindible sacar 5 puntos sobre 10. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia. A avaliación da parte teórica suporá un 60% da nota.

Só gardarase a parte de seminarios até a segunda edición.  

O alumno que non superou a avaliación continua ou a proba escrita dos seminarios realizará unha proba escrita en relación aos contidos dos seminarios e suporá o 40% da nota. Dividiráse en dúas partes, cálculo de dose e o resto da materia impartida nos seminarios. E preciso superar cada unha das partes  sendo necesario sacar un 5 sobre 10 en cada unha delas. A puntuación para ser apto nesta parte da materia será de 5 puntos sobre 10, e suporá un 40% da nota da materia. Será imprescindible superar esta parte para facer media coa nota da proba teórica. O suspenso dunha parte implica o suspenso na materia. 

Convocatoria de fin de carreira:
Todo alumno que non teña superada a materia en anteriores convocatorias, poderá presentarse a esta convocatoria de fin de carreira. Nesta convocatoria o alumno deberá realizar a proba escrita tanto dos seminarios como da materia. Serán dous exames tipo test nos cales cada tres preguntas falladas descontarase unha resposta correcta. Deberá ter en cada un deles 5 puntos sobre 10 para facer media. Para o computo global, a nota de seminarios corresponderá o 40% da nota e a nota da parte teórica o 60% restante. 

 Outros comentarios:
Será imprescindible, que cada alumno matriculado na materia, sexa repetidor ou non, entregue a ficha do alumno nos primeiros 15 días do curso ao coordinador da materia, para poder realizar a avaliación continua da mesma. As datas oficiais de exame marcadas para esta materia nas edicións correspondentes, poderanse consultar na páxina web así como no taboleiro de anuncios do centro.
Utilizarase a plataforma Moovi, da Universidade de Vigo, para manter comunicación académica-docente, co alumnado (temario, anuncios, cualificacións, etc) para o cal será necesario, que ao comezo do cuadrimestre, o alumnado revise individualmente, se está correctamente dado de alta na plataforma, para así poder utilizar este servizo.
Para as tutorías será recomendable enviar previamente un correo electrónico á profesora responsable co tema a tratar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000