Guia docente 2012_13
E.U. de Enfermería (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Fundamentos de enfermaría
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Participación nos temas plantexados na aula e o traballo realizado nos grupos. Para obter esta puntuación é "obrigatoria" a asistencia a estes seminarios cando menos ó 90% do total das horas, se non fose asi pasarase a avaliación a modalidade non presencial. 10
Probas de tipo test Constará dunha proba a realizar ao finalizar o cuadrimestre segundo o calendario oficial de exames, constará de 60 preguntas tipo test con 3 alternativas de resposta e só unha delas será a correcta. A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado é: A-E onde A é o número de acertos é E o número de erros, as preguntas non respostadas non restan puntuación. Para facer media co resto da avaliación haberá que ter despóis de aplica-la fórmula unha puntuación de 30 ou máis, ó que equivalería sobre 10 puntos a unha calificación de 5. 50
Traballos e proxectos Neste apartado avaliarase a resolución dun caso práctico para desenvolver o proceso de enfermaría. Terá unha extensión máxima de 11 (sen contar a portada) follas a unha cara con letra Arial 12 pto. e un interlineado de 1.5. Para facer media cos outros apartados da avaliación terase que obter 5 puntos sobre 10. O traballo deberá de ser entregado antes do 26 de abril de 2013. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación para a modalidade "non presencial"

  • A esta modalidade poderanse acoller aquelas/os alumnas/os que por causas debidamente xustificadas non lle sexa posible asistir con regularidade( máis do 90%) aos seminarios, para o que deberán ao comezo da materia comunicarlle ao profesor por escrito que non van asistir aos seminarios coa causa debidamente xustificada que o impida. Tamén aquelas/os alumnas/os que por diferentes causas, sempre xustificadas, aínda asistindo a algún seminario, non cheguen á asistencia do 90"%.En ambolos dous casos no terán opción a modalidade de avaliación contínua pasando a la modalidade non presencial.
A avaliación da modalidade non presencial é a seguinte:
  1. Un exame tipo test que constará dunha proba a realizar ao finalizar o cuadrimestre segundo o calendario oficial de exames, que será de 60 preguntas tipo test con 3 alternativas de resposta onde só una delas será a correcta. A fórmula que se aplicará para obter a puntuación neste apartado é: A-E. Onde A é o número de acertos e donde E o número de erros, as preguntas non respostadas non restan puntuación. Para facer media co resto da avaliación haberá que obter, logo de aplicar a fórmula, unha puntuación de 30  ou máis, o que equivalería sobre 10 puntos a unha cualificación de 5. Ista proba proba ten unha cualificación sobre o total da materia do 50%
  2. Un traballo sobre a resolución dun caso práctico onde haxa que desenvolver o proceso de enfermaría. Terá unha extensión máxima de 10 follas(contando a carátula) a unha cara con letra arial 12 pto. e un interlineado de 1.5. Para facer media cos outros apartados da avaliación terase que obter 5 puntos sobre 10. O traballo deberá de ser entregado antes do 19 de maio. Este traballo ten unha cualificación sobre o total da materia do 10%.
  3. A resolución dun caso práctico a desenvolver no aula o día marcado do exame e que terá unha cualificación sobre o total da materia de 40% , do mesmo xeito que nos 2 apartados anteriores para obter a cualificación parcial deberase de ter neste apartado unha puntuación de 5 puntos sobre 10.
  • Tanto na avaliación contínua como na modalidade non presencial deberase de obter en cada un dos apartados ó 50% da nota parcial para facer media sumatoria entre eles. No caso de non acadar a nota do 50% en cada un dos apartados deberán de examinarse na segunda edición ordinaria en aqueles en que non conseguisen supera-la.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000