Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Estatística: Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Durante os seminarios avaliarase o traballo desenrolado na aula durante o cuatrimestre a modo de avaliación continua, mediante cuestionarios e traballos, ben individuais e/ou grupais. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B6
B16
C8
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba que inclúe preguntas pechadas de resposta alternativa combinadas con preguntas de resposta curta relacionadas cos contidos da materia. O alumnado debe seleccionar unha resposta de entre un número limitado de posibilidades e responder brevemente ás cuestións expostas. 30 A1
A2
A5
B6
D1
D2
D4
D7
D9
D11
Exame de preguntas obxectivas Proba que inclúe actividades, problemas ou casos a resolver similares aos expostos nas prácticas propostas durante o curso. O alumnado debe responder á actividade proposta, plasmando de maneira práctica os coñecementos adquiridos da materia. A superación desta proba poderá compensar a cualificación insuficiente da avaliación continua das actividades de carácter práctico. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B6
B16
C8
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

FORMATO DAS PROBAS

1ª edición ordinaria (maio)

- Seminarios. Durante os seminarios faranse traballos, cuestionarios tipo test e resolución de exercicios prácticos a efectos de avaliar a evaluación continua do alumnado (para aprobar esta parte é preciso ter un 4 sobre 10). 

- Probas teoricas de resposta curta. Proba que inclúe preguntas pechadas de resposta alternativa combinadas con preguntas de resposta curta relacionadas cos contidos dá materia (cada unha das partes contará 5 puntos). O alumnado debe seleccionar unha resposta de entre un número limitado de posibilidades e responder brevemente ás cuestións formuladas. (En preguntas tipo test, 3 mal restan o valor dunha acertada) (para aprobar esta parte é preciso ter un 4 sobre 10)

- Probas prácticas, de execución. Probas de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba que inclúe actividades, problemas ou casos a resolver semellantes aos presentados nas prácticas propostas durante o curso. O alumnado debe responder á actividade proposta apoiándose nos programas estatísticos explicados na clase, plasmando de maneira práctica os coñecementos adquiridos durante a mesma (para aprobar esta parte é preciso ter un 4 sobre 10)

2ª edición ordinaria (xullo)
O procedemento de avaliación na convocatoria de Xullo será o mesmo que o empregado na convocatoria de maio. Aos alumnos que teñan completadas as actividades de avaliación continuada durante as clases teórico-prácticas manteráselle esta nota na convocatoria de Xullo.

Proba de recuperación da ausencia aos seminarios

ALUMNOS QUE NON ASISTAN AOS SEMINARIOS, NON ACADEN A ASISTENCIA OBRIGATORIA DO 90% DO TOTAL DE HORAS; O A QUE O SOLICITE AO INICIO DO CUADRIMESTRE E/OU NON LEVEN A CABO AS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN CONTINUADA OU NON CHEGUEN AO 5 NAS MESMAS. Este alumnado, que polos motivos anteriores, non complete a avaliación continuada terá dereito a presentarse aos exames de maio e/ou xullo pero necesitará ter feito unha serie de traballos propostos sobre os contidas da asignatura.


Fin de carreira
O alumnado que o precise terá dereito a presentarse á convocatoria de fin de carreira (meses de outubro ou novembro). O formato desta proba será o mesmo que nas convocatorias de maio e xullo. A proba consistirá nunha parte teórica de preguntas test e de resposta curta e unha parte práctica de resolución de problemas. 

DATAS EXAMES
Serán nas datas acordadas pola xunta de escola e publicadas na web:
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000