Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Estatística: Estatística
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Estatística: Estatística Código O51G140V01106
Titulación
Grao en Enfermaría
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Departamento da E.U. de Enfermaría (Ourense)
Coordinador/a
Regueiro Expósito, Cristina
Correo-e cristinaregueiroexposito@gmail.com
Profesorado
Martínez Campos, Brais
Regueiro Expósito, Cristina
Web http://http://euenfou.webs.uvigo.es
Descrición xeral A Estatística xoga un papel fundamental no desenvolvemento da Ciencia, sendo un dos alicerces do método científico nas súas fases empírica e interpretativa. A variada natureza da investigación nas Ciencias da Saúde, fai que a aplicación do método científico e as técnicas estatísticas resulten imprescindibles neste campo. Os profesionais sanitarios, e en particular o persoal de enfermaría, manexan habitualmente unha gran cantidade de datos (medicións de laboratorio, antropométricas, informes sobre pacientes, ensaios clínicos, etc.) que requiren un tratamento apropiado para que resulten realmente informativos e de utilidade. Neste escenario, os métodos estatísticos permiten resumir, analizar e avaliar esta información, facilitando e apoiando científicamente a toma de decisións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000