Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Fisioloxía: Fisioloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario A avaliación da parte de seminarios desta materia, realizarase da seguinte maneira:
.- exame de preguntas obxectivas tipo test
.- cunha soa resposta certa
.- a fórmula a aplicar será: A-E, sendo A (acertos) e E (erros)
.- nota de corte: 5.0
.- este apartado correspóndese co 40% da puntuación global da materia

Será imprescindible superar esta parte de seminarios para poder superar a materia.
40 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C9
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D11
Exame de preguntas obxectivas A avaliación da parte de teoría desta materia, ser realizará da seguinte maneira:
- Exame de preguntas obxectivas tipo test, cunha soa resposta certa. A fórmula a aplicar será: A-E/2, sendo A (acertos) e E (erros).
- Este apartado correspóndese co 60% (50% preguntas obxectivas e 10% resolución problemas/ou exercicios) da puntuación global da materia.
.-Nota de corte: 5.0
60 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C9
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN DE RECUPERACIÓN DAS AUSENCIAS AOS SEMINARIOS:

Neste caso, o alumnado deberá realizar:
.- 1º o exame de preguntas obxectivas tipo test, cos mesmos criterios establecidos na modalidade presencial.
 Esta parte correspóndese co 20% da puntuación total da parte de seminarios.

.- 2º: unha proba práctica na aula, en relación aos contidos impartidos nos seminarios. Esta parte correspóndese co 20% da puntuación total da parte de seminarios. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5
ou máis puntos sobre 10. 
Será imprescindible superar estas probas de avaliación, para poder superar esta parte de seminarios, así como a materia (tendo superada a parte teórica). 

Ademais o alumnado, desta modalidade deberá facer o exame de resposta curta correspondente a parte
teórica da materia, cos mesmos criterios establecidos na modalidade presencial. A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10. 

 2ª EDICIÓN ORDINARIA:

Establécense os mesmos criterios indicados para a 1ª edición ordinaria.
É preciso superar a parte teórica e a de seminarios, para poder superar a materia. 

 FIN DE CARREIRA
Establécense os mesmos criterios indicados para a 1ª edición ordinaria. 
É preciso superar a parte teórica e a de seminarios, para poder superar a materia 

DATAS DE EXAMES: 
 As datas dos exames, das respectivas convocatorias, serán as que constan no calendario oficial académico e que estarán publicadas na páxina web da Escola, así como no taboleiro de anuncios para o alumnado no centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000