Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría comunitaria I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. Nota de corte 5 20 A1
A2
A3
A4
A5
B6
B16
C20
C21
C23
C24
C25
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia.Exame cunha puntuación máxima posible de 10. Para superar a proba é necesario sacar como mínimo un 5 60 A1
A2
A3
A4
A5
B6
B16
C20
C21
C23
C24
C25
D3
D7
D8
D11
Observación sistemática Técnicas destinadas a recompilar datos sobre a participación do alumno, baseados nun listado de condutas ou criterios operativos que facilite a obtencion de datos cuantificables. 20 D1
D2
D4
D5
D6
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Primeira edición
É indispensable aprobar cada unha das partes avaliadas cun 5 como nota mínima (o exame, as presentacións e a participación nos seminarios) para superar a materia. 

Avaliación no caso de ausencia aos seminarios da materia.

Constará de dúas partes: 1. Un exame con preguntas abertas de resposta curta. É necesario sacar un 5 sobre unha puntuación de 10 para aprobar (60% da nota final). 2. Un exame sobre os contidos dos seminarios. Nota de corte 5 sobre 10. (40% da nota final).   

Segunda edición: 
O alumno examinarase da parte que non supere na 1ª edición, o tipo de proba será o mesmo do mesmo xeito que as condicións (aprobar cada unha das partes avaliadas para superar a materia), nota de corte un 5. 

Convocatoria de fin de carreira: Criterio de avaliación: exame de preguntas abertas de resposta curta (100%). Nota de corte 5.

Datas de exame:  As datas oficiais para a realización das probas de avaliación desta materia, nas súas dúas edicións, así como a convocatoria fin de carreira, serán as marcadas no calendario de exames aprobados no Centro. Ditas datas estarán dispoñibles para o alumnado tanto na páxina web da Escola como no taboleiro de información para o alumnado no centro.
Datas/instrucións de revisión das probas de avaliación nas súas diferentes convocatorias, serán comunicadas oportunamente por parte da profesora da materia, no momento da publicación da lista de cualificacións provisionais serán as aprobadas e publicadas na web e taboleiros de anuncios do Centro.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000