Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Comercio internacional
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B2 Adquirir a habilidade para traballar nun contexto internacional
C4 Desenvolverse no exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero, nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional, co obxectivo de acadar una sociedade mais xusta e igualitaria.
C5 Defender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
D1 Analizar información relacionada con fontes e feitos internacionais en entornos xeopolíticos, económicos e xurídicos complexos, presenciais ou virtuais
D2 Comprender a estrutura, as competencias e o funcionamento das institucións e organización internacionais, así como as súas relación con outros actores, estatais e non estatais
D4 Comprender os fundamentos teóricos xerais da economía e da estrutura económica internacional
D7 Analizar a realidade global nas súas diferentes dimensións, en particular a xeográfica, a política, a social, a económica e a xurídica
D9 Analizar e avaliar problemas medioambientais e patrimoniais nas relacións internacionais
D10 Adquirir coñecemento das técnicas, métodos de traballo e análise das ciencias humanas, sociais e xurídicas
D11 Analizar a realidade política, social e económica no marco da cooperación internacional ao desenvolvemento
D12 Comprender os instrumentos e mecanismos políticos, xurídicos e económicos que garantan una xestión eficiente de proxectos e negocios internacionais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000