Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Institucións e políticas da Unión Europea
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Os coñecementos adquiridos nas sesións expositivas serán avaliados mediante un exame escrito con preguntas de desenvolvemento sobre epígrafes
do programa. Este exame celebrarase na data establecida no calendario de exames aprobado pola xunta de facultade e valorarase até un máximo de 4 puntos (40%)
40 A1
A2
A5
B2
B5
B6
C4
D1
D2
D3
D6
Resolución de problemas e/ou exercicios O traballo na aula das clases interactivas valorarase en atención aos traballos prácticos que serán
obxecto de realización e exposición na aula. Valorarase cun máximo de 4 puntos (40%)
40 A1
A2
A5
B1
B2
B4
B5
B6
C4
C7
C8
D1
D2
D3
D6
Exame de preguntas obxectivas Ao longo do cuadrimestre realizaranse dous exames de preguntas obxectivas (test) que se valorarán cun máximo de 1 punto (10%) cada un. 20 A1
A2
A5
B1
B5
B6
C4
D1
D2
D3
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Esta materia ten dúas modalidades de avaliación: continua e final. O sistema de avaliación por defecto será o de avaliación continua. No caso de que o alumnado queira optar polo sistema de avaliación final, deberá facelo de maneira expresa, comunicándollo expresamente ao coordinador e ao profesor da materia (se non fosen a mesma persoa) no prazo dun mes desde o inicio do cuadrimestre.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que opte pola avaliación continua realizará ao longo do curso as diferentes probas descritas na apartado avaliación desta guía, é dicir, dous test, así como a resolución de casos prácticos e outras actividades que se farán durante as clases interactivas. Con estas probas poderán alcanzar un máximo de seis puntos. En todo caso, para poder seguir a modalidade de avaliación continua o alumnado deberá asistir a un 80% das clases expositivas e interactivas.

Ademais, o alumnado realizará un exame de preguntas de desenvolvemento, de carácter obrigatorio, que se celebrará  na data prevista no calendario de exames da facultade e que puntuará cun máximo de 4 puntos. Só se sumará a cualificación das probas de avaliación continua se no exame alcánzase unha nota igual ou superior a dous puntos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN FINAL PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS

Aqueles alumnos que non se sometan á avaliación continua, a proba para realizar, modalidade avaliación final, constará de dous partes: a realización dunha proba escrita con cuestións de desenvolvemento, así como a resolución dun caso práctico. A proba escrita cualificarase sobre un máximo de 6 puntos e a resolución do caso práctico sobre un máximo de 4. A nota da resolución do caso práctico só se sumará á da proba escrita a condición de que a cualificación obtida nesta sexa igual ou superior a 3. En todo caso, as competencias e resultados de aprendizaxe avaliados serán os mesmos que no sistema de avaliación continúa

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS 

1.Os alumnos que, optando polo sistema de avaliación continua non superen a materia na primeira oportunidade, conservaráselles a nota que obtivesen na avaliación continua cando se presenten á segunda oportunidade (exame de xullo e no seu caso, seguinte curso académico), tendo que realizar exclusivamente e con carácter obrigatorio, a parte teórica do exame que consistirá, do mesmo xeito que na primeira oportunidade, en preguntas de desenvolvemento que representan o 40% da nota. Así mesmo, só se sumará a cualificación das probas de avaliación continua se no exame alcánzase unha nota igual ou superior a 2 puntos (sobre 4). As competencias e resultados de aprendizaxe avaliados serán os mesmos que na primeira edición de actas.

2. Aqueles alumnos que optasen polo sistema de avaliación final, o sistema avaliación será o que se establece nos criterios de avaliación final 1ª edición de Actas.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes materias serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o Curso 2023-2024.

Publicación das cualificacións: As cualificacións publicaranse no plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e a todo o alumnado matriculado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000