Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Institucións e políticas da Unión Europea
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Apreciar a diversidade e a multiculturalidade
B2 Adquirir a habilidade para traballar nun contexto internacional
B3 Identificar aspectos esenciais de culturas e costumes doutros países
B4 Formarse na resolución de problemas
B5 Adquirir coñecementos xerais básicos
B6 Adquirir a capacidade de organizar e planificar
B7 Adquirir a capacidade de tomar decisións
B8 Formarse no deseño e a xestión de proxectos
B9 Adquirir a capacidade de adaptarse a novas situación
C4 Desenvolverse no exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero, nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional, co obxectivo de acadar una sociedade mais xusta e igualitaria.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipas interdisciplinares ou transdisciplinares para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
D1 Analizar información relacionada con fontes e feitos internacionais en entornos xeopolíticos, económicos e xurídicos complexos, presenciais ou virtuais
D2 Comprender a estrutura, as competencias e o funcionamento das institucións e organización internacionais, así como as súas relación con outros actores, estatais e non estatais
D3 Coñecer os conceptos, teorías e técnicas aplicadas á análise dos actores e relacións internacionais, tanto no ámbito universal coma no rexional, cunha perspectiva tanto histórica coma contemporánea
D6 Comprender os desafíos á seguridade internacional e o valor da mediación e resolución de conflitos de forma pacífica
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000