Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Idioma estranxeiro II: Alemá
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Na primeira sesión de clase explicarase o programa docente, a bibliografía e ferramentas de información e comunicación e o sistema de avaliación. Proporcionarase toda a información necesaria para seguir adecuadamente o curso e superar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases
teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Traballo tutelado As clases de idioma non distinguen nunca de modo estrito entre sesións teóricas e sesións prácticas; no entanto, durante as sesións teóricas incidirase máis na explicación gramatical do idioma e traballarase na aula cos alumnos para practicar dita parte gramatical, mentres nas sesións prácticas incidirase na práctica oral, a adquisición de vocabulario e os temas culturais. Todo iso implica traballo realizado na aula baixo diversas formas.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno
debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a
aplicación de fórmulas ou regras, a aplicación de procedementos de transformación da
información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento
da lección maxistral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000