Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Comunicación intercultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Valorarase a participación activa. 10 A3
B2
C1
Traballo tutelado Os docentes presentarán ao longo do curso un ou varios traballos ao alumnado. É imprescindible seguir as instruccións dadas e cumprir cos prazos e requisitos previstos.
O incumprimento destes requerimentos implicará a anulación da entrega e, por tanto, da súa valoración (cero puntos).
40 A2
A3
B2
C1
C4
C7
Exame de preguntas de desenvolvemento Parte do exame da materia baseada en preguntas abertas de desenvolvemento. Para superar a materia é preciso superar o exame. 25 C1
C7
D3
D10
Exame de preguntas obxectivas Parte do exame da materia que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Para superar a materia é preciso superar o exame . 25 A2
C1
C7
D3
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación descrito nesta guía corresponde a un modelo de avaliación continua, que require asistencia ás clases. Porén, o alumnado pode optar por unha avaliación final, baseada nunha serie de
metodoloxías comunicadas ao alumnado polo docente co fin de avaliar a
adquisición das competencias requeridas. A partires do inicio do curso académico, o alumnado que opte por esta última opción deberá comunicar ao profesorado encargado, no prazo dun mes, a súa renuncia á avaliación continua.

As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante. 

O alumnado que goce de dispensa académica e non desexe a avaliación final pode poñerse en contacto coa profesora da asignatura, ata o día 25 de setembro, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias nas aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo.

Na avaliación continua, a superación da materia require que o/a estudante obteña un mínimo de 5 na puntuación global (50 puntos), sendo preciso aprobar
ambas partes
(teórica e práctica). Neste cómputo non se inclúen os exercicios non
orixinais do/a estudante nin aqueles traballos entregados fóra
de prazo ou nun formato diferente ao indicado
.

Valorarase positivamente a participación activa
durante as clases, tanto nas teóricas como nas prácticas. 

Coa proposta de cada
traballo e/ou actividade, o/a docente explicará detalladamente o contido e
normas formais, así como o tipo de soporte e data de entrega.

Aqueles estudantes que non completen o proceso de avaliación continua e/ou que non se presentaron ao exame da convocatoria oficial poderán optar á segunda oportunidade establecida polo calendario de exames oficiais. Nesta convocatoria o/a docente fixará un novo prazo de entrega dos traballos prácticos antes da data prevista para a convocatoria oficial do exame. 

En termos xerais, en todos os exercicios prácticos valorarase a
capacidade de expresión, análise e síntese; a capacidade crítica, analítica e
reflexiva; a redacción, o estilo e a corrección gramatical e ortográfica, así
como o coidado formal na presentación dos exercicios. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario. 

As titorías do profesorado da
materia poden consultarse e/ou solicitarse enviando unha mensaxe a través da páxina correspondente na plataforma virtual docente. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000