Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Cooperación internacional ao desenvolvemento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba na que un alumno/a debe analizar un feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos,
diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
10
Proxecto Realización de actividades que permiten a cooperación de varias materias e enfrontan os alumnos/as, traballando en equipo, a problemas abertos. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. 40
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as
seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dúas modalidades de avaliación:
continua e global.

MODELO DE AVALIACIÓN CONTINUA (1ª OPORTUNIDAD): Para
superar a materia, o alumnado deberá realizar ao longo do cuadrimestre dous
cuestionarios tipo test, así como asistir e participar nas clases prácticas,
onde se realizarán os estudos de caso e as actividades de aprendizaxe por
proxectos. Con estas probas, poderase alcanzar un máximo de seis puntos.
Requírese a asistencia a un 80% das clases prácticas. Ademais, ao final do cuadrimestre,
o alumnado realizará un exame escrito de preguntas de desenvolvemento, que
puntuará cun máximo de catro puntos. O nivel mínimo esixido para a superación do
exame final será de dous puntos. A cualificación das probas de avaliación
continua sumarase á do exame final soamente se no exame final se alcanza unha
nota igual ou superior a dous puntos.

MODELO DE AVALIACIÓN GLOBAL (1ª OPORTUNIDAD): A avaliación
do alumnado que non siga o modelo de avaliación continua consistirá en dúas
partes: (1) a realización dun exame escrito de preguntas de desenvolvemento,
que representará o 60% da cualificación final da materia; e (2) a realización
dun exame práctico que consistirá nun cuestionario tipo test, que representará o
40% da cualificación final da materia.

Polo que se refire á segunda oportunidade de exames, o
sistema de avaliación será similar ao da primeira oportunidade.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistirá
nun exame final sobre os contidos da materia cuxa cualificación máxima será de dez
puntos sobre dez.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia nas
dúas oportunidades de exame.

As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante.

tinocordal@uvigo.gal

mviso@uvigo.gal

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000