Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Actividades, exercicios diversos a resolver na aula ou na casa para entregar. 20 B2
C1
D2
Estudo de casos Actividad a resolver na aula ou na casa. 5 B2
C1
D2
Seminario Discusións en grupos reducidos serán obxeto de avaliación e retroalimentación. 5 B2
C1
D2
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían as diferentes competencias orais e escritas postas en práctica na aula. 40 D2
Exame oral Consistirá nun tema a desarrollar oralmente e de xeito individual ou por pares. 5 D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Practicas ou actividades a entregar na aula. 15 B2
C1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira convocatoria os alumnos haberán de asistir a clase para beneficiarse da avaliación contínua (con máis de 5 ausencias sen xustificar perderase o dereito a avaliación continua) que consiste na recollida de tarefas e actividades de clase ou casa a entregar, ademais de presentacións de simulacións orais a entregar (60 % da nota final). Para avaliación continua será necesario traer a diario o método de lingua francesa: RIEHL, SOIGNET, AMIOT,  Le français des relations internacionales et européennes, Objectif Diplomatie 1,  ed. Hachette, nouvelle édition, 2017.

A avaliación continua inclúe un control a mediados do cuatrimestre e outro ao final, o último día de clase (total: 40% da nota final). Os controis poderán incluir algún tipo de proba oral de expresión como parte da nota. Haberá de alcanzarse cando menos unha media de 5 no conxunto dos dous controis (40% da nota final) para facer media coas notas das tarefas de clase que haberá de ser como mínimo un 5 (60 % da nota final).

Os alumnos que non asistan a clase con regularidade e non entreguen as tarefas da avaliación continua ou que non aproben durante o curso poderán presentarse ao exame final en primeira convocatoria previsto pola xunta de facultade, así como aqueles que queiran subir nota. Neste caso o examen final consistirá nunha proba con preguntas obxectivas que pretende avaliar as 4 competencias da lingua extranxeira (100%).
Os alumnos que non superen a avaliación contínua durante o curso, nin o exame da primeira convocatoria, haberán presentarse ao exame final de 2da convocatoria previsto pola Xunta de facultade. O exame consitirá nunha proba de preguntas obxetivas incluindo un exercicio de expresión oral como parte da nota (100%).
As datas , horarios e lugar de realización das probas de avaliación serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobados pola xunta de facultade para o curso 2023-2024.

As
cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da
Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e a todo o
estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar
ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou
precisións publicaranse no mesmo soporte telemático
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000