Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Sistemas de información e análises de datos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Realización de entregas prácticas dos exercicios propostos. Haberá un minimo de dúas entregas ao longo do curso. 40 C1
C7
C8
D3
Aprendizaxe colaborativa Realización de traballos en grupos por parte dos estudantes que poidan abarcar contidos tanto teóricos como prácticos. Realizaránse varias entregas ao longo do curso. 30 A5
B2
C1
C7
C8
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse unha ou varias probas que permitan comprobar o coñecemento alcanzado dos conceptos teóricos impartidos nas leccións maxistrais. 30 A5
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso e a nota numérica de 0  na materia na oportunidade correspondente, mantendo as cualificacións das outras actividades para a seguinte oportunidade.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS: 

A avalición continua incluirá todas as metodoloxías docentes indicadadas previamente. Os estudantes que realicen algunha das probas consideraránse que seguen a avaliación contínua  por tanto, deberán seguir o procedemento de avaliación descrito anteriormente.

As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e a todo o estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático.

Cualificación en ACTAS

A avalición dos asistentes se realizará en base ás metodoloxías docentes descritas anteriormente, coa ponderación fixada. En calquera caso, requírese un mínimo de 4 en cada proba para superar a materia. No caso de que non se logre a nota mínima nalgunha delas, a nota final que constará na acta será o menor destes dous valores:

- O obtido pola aplicación da ponderación dos métodos de avaliación

- Valor fixo 4.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN FINAL PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS

Para os estudantes que opten para avaliación global e non contínua realizaráse un único exame no que se avaliarán todas as competencias da materia. Esta proba consistirá na resolución de exercicios curtos e respostas a preguntas curtas e/ou respostas de opción múltiple, que abarcarán tanto os conceptos teóricos como  os prácticos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA:

Nas edicións de xullo e fin de carreira, realizaráse un único exame no que se avaliarán todas as competencias da materia. Esta proba consistirá na resolución de exercicios curtos e respostas a preguntas curtas e/ou respostas de opción múltiple, que abarcarán tanto os conceptos teóricos como  os prácticos.

As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante

As titorías do profesorado da materia pode consultarse e/ou solicitarse no/ seguinte/s enlace/s (engadindo un enlace por cada docente).

https://www.uvigo.gal/es/universidad/administracion-personal/pdi/alma-maria-gomez-rodriguezn concordante.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000