Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Teoría das relacións internacionais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba na que un alumno/a debe analizar un feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos,
diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
10 A1
B1
B3
B5
B8
C4
D8
Aprendizaxe baseado en proxectos ealización de actividades que permiten a cooperación de varias materias e enfrontan os alumnos/as, traballando en equipo, a problemas abertos. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais 10 A1
B2
B4
B7
B8
B9
C7
D8
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades 40 A1
B6
D3
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 40 A1
B6
B8
D3
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación
continua:

  • A avaliación das/os estudantes
    matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados na
    guía docente.
  • A avaliación continua implica unha
    asistencia mínima a un 80% das aulas (teóricas e prácticas)
  • A
    avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á
    avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá
    comunicalo ao docente no prazo establecido polo Centro dun mes.

Avaliación global:

  • Deberán
    realizar as prácticas (20%). Información dispoñible
    na plataforma Moovi para o estudantado do campus de Ourense.
  • Examen (80%)

Para superar a materia, os/as estudantes deberán aprobar cada unha das partes, as probas teóricas (exame) e a práctica (avaliación continua) cun mínimo de cinco.

As/os estudantes que entreguen os traballos e tarefas fóra dos prazos acordados non se lles computará esa parte da cualificación en cada caso. A cualificación obtida na avaliación continua desta modalidade asistencial será sumada á obtida no exame da primeira convocatoria e, no seu caso, a segunda convocatoria, a condición de que aproben cada unha das partes cun mínimo de 5.

IMPORTANTE: Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispoñer  dunha FOTOGRAFÍA actualizada[1] do alumnado que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro.

SEGUNDA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

As actividades/competencias/probas non superadas durante a 1ª convocatoria común (xaneiro) poderán ser recuperadas na 2ª convocatoria extraordinaria. As partes da materia superadas na 1ª convocatoria, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, por tanto, como aprobadas nese curso académico. Non se gardarán notas dun curso a outro.

A 1ª convocatoria, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria de xullo.

DATAS E HORARIOS DOS EXAMES E PROBAS:

As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade.

As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da UVigo da materia e ao estudantado matriculado.

De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático.

____________________________________________

[1] A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma.

A base de lexitimación para o tratamento deste dato realizarase en aplicación do disposto no artigo 6.1e do RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados na Lei 39/2015 no RD 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario.

O acceso á imaxe e aos datos persoais do alumnado só será permitido ao profesorado de cada materia para a realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade dos mesmos. Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000