Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Xeodemografía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Estudo de casos xeo-demográficos para: incentivar os razoamentos inductivos e deductivos, establecer hipóteses, refutar paradigmas, confirmar teorías, propor solucións... Plantéxanse casos que han de ser comprendidos, avaliados e resoltos a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 20
Prácticas con apoio das TIC Prácticas con series estatísticas, material cartográfico e medios audiovisuais, para aplicar de forma efectiva as tecnoloxías da información e as comunicacións á análise de problemas xeo-demográficos. 40
Exame de preguntas obxectivas Proba con preguntas tipo ensaio e preguntas tipo obxectivas, para avaliar a capacidade de síntese (por exemplo, definición de conceptos) e a capacidade de análise (por exemplo, comentario de material textual ou gráfico). 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación por seguimento continuado/observación sistemática
correspóndese có estudo de casos e prácticas Tics.

Para superar a materia o alumno deberá levar a cabo os estudos de
casos e prácticas con Tics que se lle indiquen, ademáis de obter polo menos
unha calificación de 5.0 puntos na proba mixta. De non ser así, poderá acudir a
unha segunda oportunidade, para a cal se lle manterán as calificacións dos
estudos de casos e prácticas con Tics.

Os alumnos teñen opción de escoller entre a avaliación continua e a global no prazo dun mes dende o inicio das aulas.

Aqueles alumnos que non se acollan á avaliación continua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante
unha proba escrita que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta. 

Advírtese que, se fose detectado fraude mediante
plaxio ou copia en calquera das actividades avaliables, a materia será
calificada con 0.0 puntos na convocatoria correspondente, ao marxe doutras
calificacións obtidas

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000