Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Xeodemografía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Sesión expositiva con interactividade combinada. Exposición oral complementada con medios audiovisuais e preguntas dirixidas aos estudantes, para transmitir coñecementos e facilitar o aprendizaxe. Serán explicados mediante sesións maxistrais os temas: 1. Fontes e métodos da análise demográfica, 2. Estrutura da población e a súa evolución no proceso de globalización e 3. Xeodemografía, urbanización e globalización (teorías demográficas).
Estudo de casos Estudo de casos xeo-demográficos para: incentivar os razoamentos inductivos e deductivos, establecer hipóteses, refutar paradigmas, confirmar teorías, propor solucións... Plantéxanse casos que han de ser comprendidos, avaliados e resoltos a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. O estudo de casos aplicarase sobor de todo aos subtemas do tema 5. Políticas demográficas (euxenésicas, xenocidas, antinatalistas e natalistas).
Prácticas con apoio das TIC Prácticas con series estatísticas, material cartográfico e medios audiovisuais, para aplicar de forma efectiva as tecnoloxías da información e as comunicacións á análise de problemas xeo-demográficos. As prácticas con TIC aplicaranse sobor de todo aos temas 6. Movementos migratorios e a súa repercusión territorial, 7. Diversidade territorial das variables demográficas (natalidade, fecundidade, mortalidade, esperanza de vida...) e 8. Proxeccións demográficas.
Prácticas de laboratorio Introducción a documentos estatísticos, cartográficos e audiovisuais relevantes para a análise xeo-demográfica, como instrumentos de aplicación ao estudo de casos ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Esta metodoloxía combinarase coas sesións maxistrais do tema 1. Fontes e métodos da análise demográfica, e có estudo de casos do tema 5. Políticas demográficas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000