Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Xeodemografía
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Apreciar a diversidade e a multiculturalidade
B2 Adquirir a habilidade para traballar nun contexto internacional
B3 Identificar aspectos esenciais de culturas e costumes doutros países
B4 Formarse na resolución de problemas
B5 Adquirir coñecementos xerais básicos
B6 Adquirir a capacidade de organizar e planificar
B7 Adquirir a capacidade de tomar decisións
B8 Formarse no deseño e a xestión de proxectos
B9 Adquirir a capacidade de adaptarse a novas situación
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Desenvolverse no exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero, nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional, co obxectivo de acadar una sociedade mais xusta e igualitaria.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables, así como un uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipas interdisciplinares ou transdisciplinares para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos
D5 Comprender e analizar os procesos globalizadores, as dinámicas de deslocalización e estratexias alternativas
D6 Comprender os desafíos á seguridade internacional e o valor da mediación e resolución de conflitos de forma pacífica
D7 Analizar a realidade global nas súas diferentes dimensións, en particular a xeográfica, a política, a social, a económica e a xurídica
D8 Ser capaz de aplicar a metodoloxía científica aos retos sociais, políticos, económicos e xurídicos con elemento internacional
D10 Adquirir coñecemento das técnicas, métodos de traballo e análise das ciencias humanas, sociais e xurídicas
D11 Analizar a realidade política, social e económica no marco da cooperación internacional ao desenvolvemento
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000