Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Economía da globalización
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Introdución á materia onde o profesor explica aos estudantes o desenvolvemento do programa, as ferramentas básicas para medir a actividade económica, as fontes estatísticas a ser usadas durante o curso así como as lecturas recomendadas e os requirimentos para a avaliación continua.
Lección maxistral Utilizarase un método expositivo co fin de facilitar aos alumnos unha información adecuada sobre os coñecementos fundamentais relacionados cos diferentes temas.
Seminario Realizaranse diferentes actividades que requiren a participación activa dos alumnos. Valorarase a capacidade de análise e razoamento dos alumnos, profundando nos contidos propios da materia. En canto ao traballo específico do alumno, exporanse preguntas de resposta curta para valorar tanto o nivel de aprendizaxe lograda como a capacidade de síntese; ademais, haberá preguntas de resposta ampla relacionadas con aspectos da materia normalmente con referencia a un texto, un gráfico, unha noticia, etc. e no seu caso, tamén poderá haber preguntas de opción múltiple.
Resolución de problemas Proba escrita sobre os coñecementos e habilidades teórico-prácticos adquiridos sobre o mundo e as economías españolas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000