Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Historia das relacións internacionais I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Discusión e entrega por escrito de catro comentarios de texto históricos (dous de H.ª Antiga [20% da nota] e dous de H.ª Medieval [20% da nota]) 40 A3
B1
Exame de preguntas obxectivas Exame da materia con preguntas a desenvolver do Bloque I (Historia Antiga) 30 A2
B5
C4
Exame de preguntas obxectivas Exame da materia con preguntas a desenvolver do Bloque I (Historia Medieval) 30 A2
B5
C4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os métodos e criterios de avaliación serán os mesmos na segunda convocatoria.

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos recursos presenciais e virtuais das Universidades de A Coruña e Vigo.

A avaliación continua consiste na realización da análise de fontes históricas nos seminarios (40% da avaliación final, correspondéndose o 10% a cada comentario realizado). Nesta avaliación inclúense os dous exames de preguntas obxectivas (30% a cada un deles, de Historia Antiga e de Historia Medieval). Haberá que alcanzar cando menos un 5.00 nestes dous exames para que as correspondentes aos comentarios de textos históricos podan facer media para a avaliación da materia.

Para o alumnado especificaranse nas plataformas correspondentes as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación e o calendario de entrega (presencial ou remota) das tarefas propostas. O seguemento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das ferramentas propias das plataformas.

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de avaliación global deberán comunicao ao profesorado responsalble da materia no prazo de 31 dias hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado na Universidade de Vigo). 

O alumnado que opte pola modalidade de avaliación global poderá presentarse ao exame final na primeira convocatoria no horario e data previsto pola Xunta de Facultade. 

No caso do estudantado a tempo parcial da Universidade da Coruña seguirase o artigo 7.3 da normativa de avaliación de dita universidade.

En caso de plaxio aplicarase o artigo 14.4 da normativa de avaliación da Universidade de A Coruña

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000