Guia docente 2025_26
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica
 Materias
  Sistemas de telecomunicación espacial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución de problemas propostos nas sesións. 30 B13
C8
D11
Prácticas de laboratorio Elaboración dun informe por parte do alumnado no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. O alumnado debe describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou as observacións realizadas, así como o análise e tratamento dos datos. 20 B13
C8
D11
Exame de preguntas obxectivas Proba na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas ou exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesorado. Deste xeito, o alumnado debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 10 B13
C8
D11
Traballo Traballo/s sobre o contido total da materia. 40 B13
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia na 1ª oportunidade requirirase obter unha cualificación superior a 5 puntos sobre 10 na valoración conxunta das probas de avaliación continua, as entregas de traballos durante o desenvolvemento das clases e o exame realizado na data oficial. A cualificación final da avaliación continua obterase de acordo cos porcentaxes indicados.


O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.


Avaliación global:


Realizarase un exame no día da data oficial, que inclúe todos os contidos da materia, incluíndo os contidos e métodos empregados nos casos de estudo. A cualificación deste exame para superar a materia será de 5 puntos sobre 10.


O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE publícase na web: http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames


Avaliación de segunda oportunidade:


O estudantado deberá presentarse ao exame da segunda convocatoria de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota, se a nota final da avaliación continua é inferior a 5 puntos sobre 10.


Avaliación de fin de carreira:


Para a avaliación de fin de carreira, realizarase un exame na data oficial, que incluirá todos os contidos da materia. A cualificación dese exame para superar a materia será de 5 puntos sobre 10.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000