Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica
 Materias
  Sistemas de telecomunicación espacial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Elaboración dun informe por parte do alumnado no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. O alumnado debe describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou as observacións realizadas, así como o análise e tratamento dos datos. 10 B13
C8
D11
Prácticas con apoio das TIC Elaboración dun informe por parte do alumnado no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. O alumnado debe describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou as observacións realizadas, así como a análise e tratamento dos datos. 10 B13
C8
D11
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de avaliación que inclúe preguntas abertas sobre o tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que ten sobre a materia nunha resposta extensa. 20 B13
C8
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas ou exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesorado. Deste xeito, o alumnado debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 20 B13
C8
D11
Traballo Traballo/s sobre o contido total da materia. 40 B13
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación de primeira oportunidade:

Para superar a asignatura na 1ª oportunidade requirirase obter unha cualificación superior a 5 puntos sobre 10 na valoración conxunta das probas de avaliación continua, as entregas de traballos durante o desenvolvemento das clases, e o exame realizado na data oficial. A cualificación final da avaliación continua obterase de acordo cos porcentaxes indicados.

O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

Avaliación global:

Realizarase un exame o día da data oficial, que inclúe todos os contidos da asignatura, incluíndo os contidos e métodos utilizados nos casos de estudo. A cualificación de dito exame para superar a asignatura será de 5 puntos sobre 10.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE publícase na web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Avaliación de segunda oportunidade:

O alumnado deberá presentarse ao exame de segunda convocatoria de todos os contidos da asignatura, que suporá o 100% da nota, se a nota final de avaliación continua é menor que 5 puntos sobre 10.

No caso de ter unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10 no conxunto dos traballos/probas de avaliación continua, gardarase a nota para a segunda oportunidade, tendo que presentarse unicamente ao exame oficial que terá un peso dun 30% sobre a nota final da asignatura.

Avaliación de fin de carreira:

Para a avaliación de fin de carreira, realizarase un exame o día da data oficial, que inclúe todos os contidos da asignatura. A cualificación de dito exame para superar a asignatura será de 5 puntos sobre 10.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000