Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica
 Materias
  Deseño, cálculo e certificación de sistemas de propulsión aeroespaciales
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Dous exames baseados na resolución de problemas e/ou preguntas conceptuais
sobre os contidos da materia. O primeiro realizarase en clase e o segundo será en data de exame oficial. Nota
mínima de 5.0. Cada exame valerá o 40% da nota final.
80 A11
A16
A17
A18
A19
Traballo Traballo que consiste no deseño dun sistema de propulsión cos conceptos apresos na materia e con presentación en clase 20 A11
A16
A17
A18
A19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación na primeira oportunidade

Para aprobar a asignatura na 1ª oportunidade, será necesario obter unha cualificación superior a 5 puntos sobre 10 na valoración conxunta da avaliación continua durante o desenvolvemento das clases e o exame na data oficial. Ademais, a cualificación do exame na data oficial debe ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A cualificación final da avaliación continua obterase de acordo cos porcentaxes indicados.

Para a avaliación global, realizarase un exame no día da data oficial, que inclúe todos os contidos da asignatura, incluíndo os contidos e métodos utilizados no traballo. A cualificación desa proba para aprobar a asignatura será de 5 puntos sobre 10.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE publicarase na web:

http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

As probas de avaliación continua realizaranse dentro do horario lectivo.

O estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro para cada convocatoria.

Avaliación na segunda oportunidade

O alumnado deberá presentarse ao exame da segunda convocatoria de todos os contidos da asignatura, que suporá o 100% da nota, se a cualificación final da avaliación continua for menor que 5 puntos sobre 10. Tamén terá que presentarse ao exame da segunda convocatoria nos seguintes supostos:

  • Obter unha nota inferior a 5 puntos sobre 10 no exame final da primeira oportunidade.

No caso de obter unha cualificación igual ou maior a 5 no exame da segunda oportunidade, a cualificación final da asignatura será a maior nota entre:

  • O exame da 2ª convocatoria.

  • A media coas actividades realizadas durante o curso (facer a media coa porcentaxe da táboa de avaliación, substituíndo a nota do exame da primeira convocatoria pola da segunda convocatoria).

Avaliación de fin de carreira

Para a avaliación de fin de carreira, realizarase un exame no día da data oficial, que inclúe todos os contidos da asignatura. A cualificación desa proba para aprobar a asignatura será de 5 puntos sobre 10.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000