Guia docente 2026_27
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica
 Materias
  Cálculo avanzado de estructuras aeroespaciales
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame baseado na resolución de problemas e/ou preguntas conceptuais
sobre os contidos da materia. Será en data de exame oficial.
40 B3
B5
D1
Estudo de casos Ao longo da materia presentaranse 4 pequenos casos de estudo que constituirán as distintas partes dun traballo maior, cada un sendo un 15% da nota total. 60 B3
B5
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación de Primeira Oportunidade 

(1) Estudantado que segue a materia mediante Avaliación Continua 

Para superar a materia por esta vía é necesario cumprir simultaneamente as seguintes condicións: 

  • Asistencia. Mínimo do 90% ás sesións prácticas. 
  • Nota mínima por proba. Un 4.0 en cada proba avaliable. 

No caso de non cumprir estas condicións, a cualificación final será o resultado entre a nota media ponderada da Avaliación Continua e un máximo de 4.9.

(2) Estudantado que desexe ser avaliado mediante Avaliación Global 

A avaliación da materia na primeira oportunidade realizarase, por defecto, mediante Avaliación Continua. O estudantado ten dereito a optar pola Avaliación Global segundo o procedemento e prazo que estableza o centro para cada convocatoria, mediante un examen que suporá o 100% da cualificación final. 

Este exame integrará a totalidade da materia impartida, incluídos os contidos de todas as sesións prácticas e traballos (podendo incluír probas en aula de informática ou laboratorio). Para aprobar, requirirase unha nota mínima de 4.0 en cada un dos bloques teóricos e prácticos, ademais dun 5.0 na media ponderada de todos eles.

Avaliación de Segunda Oportunidade e Fin de Carreira 

O estudantado que non superase a materia na primeira oportunidade poderá realizar un exame que suporá o 100% da cualificación final. 

Este exame integrará a totalidade da materia impartida, incluídos os contidos de todas as sesións prácticas e traballos (podendo incluír probas en aula de informática ou laboratorio). Para aprobar, requirirase unha nota mínima de 4.0 en cada un dos bloques teóricos e prácticos, ademais dun 5.0 na media ponderada de todos eles. 

Se o estudantado xa aprobou a parte práctica en Avaliación Continua, non precisará examinarse dela de novo. En caso de querer volver examinarse da parte práctica, deberá solicitalo explicitamente mediante avaliación global para esta segunda oportunidade.

Sobre o uso de Intelixencia Artificial (IA)

Permítese o uso de ferramentas de IA como apoio no desenvolvemento das probas avaliables da materia (agás en exames de preguntas de desenvolvemento). Non obstante, o estudantado debe ser plenamente consciente do seu proceso de aprendizaxe e responsable do contido entregado. O uso da IA para a xeración íntegra de contidos ou a suplantación de autoría considerarase fraude académica. Ante indicios fundados de uso indebido da IA, o profesorado poderá non admitir os traballos, solicitar probas adicionais ou remitir o caso ao procedemento disciplinario correspondente.

Sobre o uso de dispositivos electrónicos 

Durante as probas da materia non está permitido na aula ningún tipo de reloxos, dispositivos que emitan ou reciban radiofrecuencias, teléfonos móbiles ou calquera outro dispositivo electrónico, agás os explicitamente aprobados pola dirección da escola por razóns médicas de xeito individual, na correspondente resolución á solicitude de adaptación do estudantado con necesidades específicas de apoio educativo. Durante as probas todo o estudantado deberá manter os pavillóns auditivos despexados para verificar que non usan dispositivos non permitidos.

No caso de que se detecte algún alumno ou alumna con material non permitido durante calquera proba, copiando, tentando copiar ou simplemente co material na aula, será motivo de medida disciplinaria. Despois da súa correcta identificación, instarase a saír da aula e a súa avaliación final será de 0 puntos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000