Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Vehículos aeroespaciais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliación da realización do informe. 30 A3
A5
B1
B6
C27
C32
D11
Exame de preguntas obxectivas Exame de problemas e/o preguntas de desenvolvemento e/o tipo test 30 A2
A3
A5
B1
B6
C27
C32
C33
D3
D4
D6
D8
D11
D13
Exame de preguntas obxectivas Exame de problemas e/o preguntas de desenvolvemento e/o tipo test 40 A2
A3
A5
B1
B6
C27
C32
C33
D3
D4
D8
D11
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

.¡O calendario de probas de avaliación atópase publicado na páxina Web do centro.

Primeira oportunidade.

(1) Estudantes que seguen o curso por Avaliación Continua.

Para poder superar a materia na primeira oportunidade, mediante Avaliación Continua, será necesario:

-Unha nota, no exame final de avaliación continua de, como mínimo, un 4.0.

-Asistir a, como mínimo, o 90% das sesións de prácticas.

-Entregar a totalidade de memorias prácticas e traballos da materia obtendo, como mínimo, unha nota de 3 en cada un deles.

No caso de non cumprir ditas condicións a nota final será a resultante do mínimo da nota media de AC e de 4.9.

(2) Estudante que desexen ser avaliados mediante avaliación global.

A avaliación do curso na primeira oportunidade realizarase, por defecto, mediante Avaliación Continua. O estudantado ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. O estudante deberá obter unha nota mínima de 5.0 neste exame. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas e traballos. 

Segunda oportunidade e Fin de Carrera.

O estudantado que non superase a materia na primeira oportunidade poderá realizarán un exame que supoñerá o 100% da nota. O estudante deberá obter unha nota mínima de 5.0 neste exame. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas e traballos. 

En caso de detección de plaxio en calquera elemento de cualificación, a cualificación na devandita entrega será 0 e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000