Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Aleacións e materiais compostos aeroespaciais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Ao longo do curso, o estudantado realizará unha serie de cuestionarios online nos que, a través de preguntas tipo test e resolución de exercicios, deberán amosar a súa comprensión dos conceptos básicose a rápida aplicación dos mesmos a problemas relacionados cos materiais na aeronáutica 10 A2
A5
C30
D4
D8
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita individual na que o alumnado deberá responder a cuestións relativas á materia presentada na aula, demostrando comprensión dos conceptos básicos, capacidade de organización da información e de relacionar conceptos 40 A2
A3
C32
D4
D8
Presentación Proba na que o estudantado presenta o traballo desenvolvido en pequenos grupos en relación cun tema proposto diante do profesorado e dos compañeiros/as, demostrando o coñecemento adquirido e a súa capacidade de comunicación. Deberán responder ás preguntas formuladas.
A avaliación realizaráse seguindo unha rúbrica coñecida
30 A2
A3
A5
D4
D5
D8
D11
D13
Cartafol/dossier No cartafol do estudante recolleránse os resumos ou cuestións relativas ás prácticas de laboratorio realizadas, así como das visitas de estudo as empresas seleccionadas. Valorarase a calidade da información, claridade de exposición e axuste a normativa, de selo caso 20 A3
A5
C32
C33
D5
D8
D11
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación completa dos coñecementos e habilidades adquiridos polo estudantado realizaráse a través de probas de Avaliación contínua e un exame final escrito.

- Avaliación contínua: suporá un 60% da cualificación total e constará de actividades que se desenvolverán ao longo de todo o cuadrimestre (Cuestionarios on-line: 10%; Traballo individual ou de grupo: 30%; Cartafol/ dosisier: 20%). As probas presenciais realizaránse no horario lectivo.

- O exame escrito (40%) consta de preguntas obxectivas, preguntas curtas, e cuestións tipo test. Realizaráse nas datas fixadas nocalendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centroda EEAE publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Para superar a materia, será necesario acadar unha nota mínima do 40% en cada un dos tipos de avaliación. No caso de non acadarse este criterio, a máxima cualificación que poderá acadar o alumno/a é un 4/10.

Para a avaliación correspondente á segunda oportunidade(xuño/xullo) o estudante que asistia con regularidade ao curso, e teña superada a avalización continua, poderá escoller entre manter a cualificación obtida nestas probas e realizar só o exame escrito cun valor do 40%, ou renunciar a cualificación obtida na avaliación contínua e realizar un exame que avalíe a totalidade das competencias, cun 100% da puntuación. Esta decisión deberá comunicarse na forma e no prazo establecido polo centro ou polo profesorado da materia. A mesma metodoloxía aplicarase para a convocatoria de fin de carreira.

O/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

CÓDIGO ÉTICO: Como membros da Universidade de Vigo, agárdase que o estudantado desta materia promova e comparta unha cultura ética e de honestidade académica. Considérase que calquera intento de obter unha avantaxe académica por medios deshonestos ou inxustos é unha falta de integridade que resulta inaceptable.

No caso de que o profesorado detecte un comportamento non ético por parte de un/unha estudante (copia no exame escrito a través de calquera método, utilización de dispositivos electrónicos se non son expresamente autorizados, plaxio, reutilización de traballos, etc.) o alumno será cualiicado cunha nota de: Suspenso (0,0) na nota final. No caso de reincidencia, serán comunicados os feitos á dirección da EEAE para a súa consideración.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000