Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Aleacións e materiais compostos aeroespaciais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia. Descrición da metodoloxía e probas de avaliación. Asignación de grupos
Lección maxistral Exposición por parte do profesor/a dos contidos fundamentais da materia. Intercalaranse actividades participativas no seu desenvolvemento.

Os coñecementos adquiridos polo estudantado avaliariase a través dun exame escrito realizado segundo o calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE, publicado na páxina web.
http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Dita proba consta de preguntas obxectivas e de resposta curta e tipo test.
Traballo tutelado O alumnado desenvolverá un traballo en grupos reducidos que seleccionará entre os temas propostos polo profesorado.
Esta actividade será valorada a través da defensa pública do traballo, mediante unha rúbrica coñecida.
Saídas de estudo Visitas en grupo reducido realizada a algunha das empresas do sector aeronáutico.
No caso de non ser posible a realización de ditas visitas, serán substituídas por conferencias impartidas por especialistas do sector.
Esta actividade será avaliada mediante un informe que se incorporará ao cartafol do estudante.
Prácticas de laboratorio Actividades para a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos nas sesións teóricas. Desenvólvese en laboratorio e con equipamento especializado. Serán avaliadas a través dun informe de prácticas
Resolución de problemas Resolución de cuestións, problemas e exercicios relacionados coa materia que serán presentados nas clases prácticas.
Serán avaliados mediante a resolución de autónoma de exercicios propostos que se incorporarán ao cartafol do estudante e mediante cuestionarios online ao longo do curso
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000