Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Aleacións e materiais compostos aeroespaciais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
- Manteráse a totalidade das sesións teóricas previstas na guía docente que poderán ser impartidas de xeito non presencial a través das aulas do Campus Remoto da UVigo.

* Metodoloxías docentes que se modifican
- As sesións prácticas modificaránse en función das normas establecidas pola Universidade ou pola EEAE, reducindo o tamaño dos grupos para manter as distancias de seguridade, e realizando todas aquelas actividades que sexa posible de xeito virtual a través do Campus Remoto. No caso de suspenderse totalmente a docencia presencial, proporánse actividades alternativas que permitan cubrir os contidos da parte práctica da materia: ferramentas virtuais, videos, etc.
- A defensa do traballo considerado na avaliación continua levarase a cabo preferentemente de xeito presencial. No caso de non ser posible, realizarase a través do Campus virtual.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
- A atención ao alumnado realizarase a través dos despachos virtuais do profesorado no Campus Remoto da UVigo ampliando o horario para favorecer a participación dos estudantes. Tamén poderán empregarse outros medios como correo electrónico, foros de FAITIC, videoconferencia, etc. Todos estes medios empregaránse sempre tras concertación previa co profesorado.

* Modificacións (se procede) dos contidos a impartir
- Dependendo do momento no que se active a docencia non-presencial ou semipresencial, comunicarase ao alumnado, a través de FAITIC, a modificación nos contidos da parte práctica da materia de acordo coa organización establecida (ver apartado de Adaptación da Avaliación)

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
- Ao final de cada tema ofrécese bibliografía adicional para a súa preparación. No caso de que as medidas de protección sanitaria impidan o acceso do estudantado ás bibliotecas universitarias, ofreceránse alo alumnado documentación adicional .

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
As probas de avaliación continua xa realizadas no momento da suspensión da presencialidade manterán a porcentaxe na nota final establecida na guía docente sen variación.

* Probas pendentes que se manteñen
Todas as probas de avaliación pendentes de realización manteñen a valoración indicada na guía docente.

* Probas que se modifican
- Pese ao cambio na presencialidade/virtualidade das probas de avaliación, non se modificará a valoración indicada na guía docente, excepto no caso de que a excepcionalidade da situación impida a realización de ningunha das prácticas de laboratorio previstas, nin das visitas ás empresas.
Neste caso, as actividades a desenvolver implicarán maior carga de traballo por parte do alumnado, que será tida en conta cun 20% na cualificación. Este incremento, supón unha redución do peso do exame escrito do 40% ao 30%.

* Novas probas
No caso excepcional indicado anteriormente, realizarase unha nova proba de avaliación online que valore os coñecementos adquiridos nas actividades sustitutorias das prácticas de laboratorio. Esta nova proba, constará de preguntas curtas e exercicios e substituirá ao cartafol e será valorada cun 20%.

* Información adicional
En calquera caso, manterase sempre a condición necesaria de obter unha puntuación mínima do 40% nos dous tipos de avaliación. De non acadarse este requisito, a máxima cualificación final será de 4 sobre 10.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000