Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Aeronáutica y del Espacio
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Aerorreactores e motores alternativos aeronáuticos
   Plan de Continxencias
 
Descrición

=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
- Estudo previo: preparación para o seguimento da materia, procura de información e preparación das probas de avaliación

* Metodoloxías docentes que se modifican
- Lección maxistral: docencia en aula virtual (campus remoto)
- Prácticas de laboratorio: prácticas informáticas a través da aula virtual (campus remoto) e resolución de problemas a través da aula virtual (campus remoto); anulación de saídas de estudo e anulación de prácticas de laboratorio

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
- Titorías en despacho virtual (campus remoto)

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
- Mantense a calificación e a porcentaxe de peso para obter a nota final

* Probas pendentes que se manteñen
- Mantense a porcentaxe de peso para obter a nota final

* Probas que se modifican
- Nun escenario de docencia non presencial e sempre que non se permitan os exames escritos de xeito presencial, serán a través da aula virtual (campus remoto), consistente nunha serie de preguntas curtas e resolución de problemas

* Información adicional
- Nun escenario de docencia parcialmente presencial, os exames escritos serán de xeito presencial
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000