Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Mecánica de fluídos II e CFD
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización e entrega de informe das simulacións CFD propostas ao estudiante 20 A2
A3
A5
C16
C18
C19
C20
C22
C25
C26
C28
D3
D4
D5
D6
D8
D11
Prácticas con apoio das TIC Asistencia e participación activa nas prácticas CFD 1.5 A2
A3
A5
C16
C18
C19
C20
C22
C25
C26
C28
D3
D4
D5
D6
D8
D11
Resolución de problemas Asistencia ás sesións de resolución de problemas e entrega dos problemas propostos. MFII 3.5 A2
A3
A5
C16
C18
C19
C20
C22
C25
C26
C28
D3
D4
D5
D6
D8
D11
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de probas escritas, resolución de exercicios, casos prácticos. MFII 30 A2
A3
A5
C16
C18
C19
C20
C22
C25
C26
C28
D3
D4
D5
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de probas escritas, resolución de casos e conceptos de CFD. 10 A2
A3
A5
C19
C20
C26
C28
D3
D5
D8
D11
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de probas escritas, resolución de exercicios, casos prácticos. MFII 35 A3
A5
C18
C19
C22
C25
C26
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Primeira edición da acta:
En xeral, para todo o alumnado, empregarase un sistema de avaliación continua. Non obstante, o/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global
segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria, nese caso terán a posibilidade de realizar un exame final, de 5h de duración (con descanso no medio) que suporá o 100% da súa nota.

Se o alumnado participa nalgunha das probas de cualificación dentro da avaliación continua, considerarase como presentado á materia. A avaliación continua considérase ata xullo, polo que as cualificacións acadadas en todas as actividades realizadas con anterioridade, se manteñen ata a convocatoria de xullo, non se gardará dun curso escolar para outro.

A avaliación continua da materia realizarase mediante as seguintes probas e pesos:
  • 35% Proba escrita de avaliación continua sobre o coñecemento do MFII.
  • 30% Proba escrita de avaliación continua sobre o coñecemento do MFII.
  • 20%. Entrega do/s Proxecto/s CFD de simulación numérica proposto ao alumnado polo profesorado.
  • 10% Proba escrita de avaliación continua sobre coñecementos CFD
  • 3,5% Asistencia, entrega de problemas propostos polo claustro, e participación activa nas clases prácticas e resolución de problemas do MFII.
  • 1,5% Asistencia, entrega de problemas propostos polo profesorado, e participación activa nas clases prácticas de CFD.

Para superar a materia será necesario obter un mínimo (2 sobre 10), en todas e cada unha das probas realizadas, e acadar un 5 sobre 10 no total de avaliacións.


Segunda oportunidade:
Todas as cualificacións obtidas previamente en todas e cada unha das probas de avaliación continua da primeira edición, poden gardarse para a segunda oportunidade, e será o alumnado o que decida a que actividades volve a avaliarse en segunda oportunidade, coa excepción das evacuacións relativas a asistencia.

Na convocatoria fin de carreira, avaliarase mediante un único exame final, que suporá o 100% da nota.

Espérase que o alumnado amose un comportamento ético adecuado. No caso de detectar comportamentos pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Segundo o tipo de comportamento pouco ético detectado, pódese concluír que o alumno/a non acadou as habilidades necesarias.

Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir na aula de exames un dispositivo electrónico non autorizado terá a consideración de motivo de non superación da materia neste curso académico e quedará suspendida a nota global (0,0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000