Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Mecánica de sólidos e estruturas aeronáuticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Asistencia e participación activa en todas as clases prácticas do cuatrimestre, así como a entrega en tempo e forma de toda a documentación solicitada. 10 A2
A3
C20
C26
C33
D3
D4
D5
D8
D11
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito sobre contidos teóricos e/ou prácticos.
30 A2
C20
C26
C33
D3
D4
D5
D6
D8
Exame de preguntas obxectivas Proba que inclúe preguntas con diferentes alternativas de resposta. O estudantado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Nas datas que estableza o centro ao completar a impartición da materia. 30 A2
A3
C20
C26
C33
D3
D4
D5
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o estudantado debe resolver unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecidos polo equipo docente. 30 A2
A3
C20
C26
D3
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será de tipo continuado, salvo que o estudantado renuncie a ela polo procedemento oficial pertinente. Neste caso, a avaliación realizarase exclusivamente mediante un exame escrito, que abarcará o 100% da calificación. Este enfoque específico de avaliación denominarase avaliación global. A calificación obtida para o prácticas de laboratorio, conservarase para avaliación de segunda oportunidade e oportunidade de fin de carrera. En ditas convocatorias o 90% restante da calificación obterase mediante un exame escrito, nas datas establecidas pola centro, sobre os contidos teóricos e/ou prácticos.

Estudantes que renuncian oficialmente á avaliación continua

Neste caso, a nota obtida no exame final representará o 100% da calificación.

O/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

Prácticas de laboratorio

A parte presencial correspondente a cada práctica realízase nunha data específica, polo que non é posible recuperar as faltas de asistencia.

Excusaránse puntual e excepcionalmente as prácticas non realizadas nas que o/a estudiante presente un xustificante oficial (médico, xulgado, ...) debido a razóns inevitables de forza maior.

Probas de avaliación

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames. A duración máxima dun exame será de 3 horas se non hai pausa ou de 5 horas se hai unha pausa intermedia (sendo 3 horas o máximo para cada parte).

Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación a menos que este estea expresamente autorizado. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia no curso académico actual e a nota global será de suspenso (0,0).

Compromiso ético

Espérase que o/a estudiante presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, uso de dispositivos electrónicos non autorizados e outros) consideraráse que o/a estudiante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a nota global no curso académico actual será de suspenso (0,0).

Observación

No caso de discrepancia nas versións entre idiomas desta guía, prevalece a versión en castelán.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000