Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Fabricación aeroespacial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Proba escrita 1 40 A2
A5
C12
D4
D8
Lección maxistral Proba escrita 2 30
Resolución de problemas Entrega de problemas propostos resoltos 5 A2
A5
C12
D2
D3
D4
D8
Aprendizaxe colaborativa Participación en actividades propostas 5 A2
A3
A5
C12
D2
D3
D4
D6
D8
D13
Prácticas con apoio das TIC Entrega de memorias de prácticas 20 A2
A5
C12
D2
D3
D4
D8
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O modelo de avaliación é avaliación continua.

O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. O exame global consistirá nun exame escrito en data oficial que cubra todos os aspectos avaliados en avaliación continua.


 PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

A materia avalíase en base a catro
parámetros:

-Exames teórico-prácticos (nota máxima 7
puntos). Consistirán en dúas probas. A primeira durante o desenvolvemento do curso e a segunda na data oficial de exame. Nestas probas avalíanse os coñecementos teóricos da materia, cuestións relacionadas cos problemas e prácticas mediante un exame tipo test e resposta curta. O primeiro exame valórase en 4 puntos e o segundo en 3 puntos.

-Resolución de problemas (nota máxima 0,5 puntos). Avaliarase a entrega da resolución aos problemas expostos
durante o curso nos prazos establecidos.

-Aprendizaxe colaborativo (nota máxima 0,5 puntos). Deberase participar nas actividades propostas durante o curso. Este apartado será avaliado en grupo.

-Prácticas (nota máxima 2 puntos). Avaliarase a entrega das memorias de prácticas durante o curso nos prazos
establecidos.

Aprobarán a materia aqueles alumnos
que consigan unha nota igual ou superior a 5 puntos. Non se fará media no caso de que
no conxunto dos exames teórico-prácticos a nota sexa inferior a 4,5; sendo a nota final de actas suspenso ata o máximo permitido. 
Non é posible recuperar ningunha proba a posteriori, salvo causa xustificada.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: 

O método de Avaliación é o mesmo que o
descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE. Poderanse gardar traballos da primeira oportunidade con cualificación >5. En ningún caso gardarase a cualificación dos exames.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS: 

En caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección
do Centro para os efectos oportunos.
As probas desenvolveranse durante o cuadrimestre. O exame teórico-práctico inicial desenvolverase en data a definir e indicada ás/os estudantes con antelación suficiente.
O calendario de probas de avaliación
aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado
na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

A evaluación fin de carreira seguirá os mesmos criterios ca evaluación de 2ª oportunidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000