Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Electrónica e automática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Na parte de AUTOMATICA (temas 5 a 9 indicados no apartado Contidos desta guía):

Realizarase unha proba de problemas e/ou exercicios sobre as contidos/competencias/resultados de aprendizaxe dos GRUPOS GRANDES/TEORIA.

Esta proba é obrigatoria, representa un 35% da nota final e require un mínimo de 5 sobre 10.

Resultados avaliados da aprendizaxe: RA5, RA6 e RA7.
35 B1
C17
C18
D1
D3
D6
D8
Prácticas de laboratorio Na parte de AUTOMATICA (temas 5 a 9 indicados no apartado Contidos desta guía):

Realizarase unha proba sobre as contidos/competencias/resultados de aprendizaxe das clases de GRUPOS REDUCIDOS/LABORATORIO.

Esta proba é obrigatoria, representa un 10% da nota final e require un mínimo de 5 sobre 10.

Resultados avaliados da aprendizaxe: RA5, RA6 e RA7.
10 B1
B4
C17
C18
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Na parte de AUTOMATICA (temas 5 a 9 indicados no apartado Contidos desta guía):

Entrega dun informe de prácticas para avaliar a asistencia e participación activa nas clases teóricas e prácticas e nas titorías.

Esta entrega non é obrigatoria e representa un 5% da nota final.

Resultados avaliados da aprendizaxe: RA5, RA6 e RA7.
5 B1
B4
C17
C18
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Traballo En relación á primeira parte da materia (temas do 1 ao 4 indicados no apartado Contidos desta guía), durante o período de clases o alumnado deberá facer un traballo de forma autónoma. A cualificación deste traballo así como a súa influencia na nota final detállase no apartado denominado Outros comentarios sobre a Avaliación.

10 B1
B4
C17
D1
D4
D5
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios En relación á primeira parte da materia (temas do 1 ao 4 indicados no apartado Contidos desta guía), ao finalizar as clases desta parte da materia farase un exame no que se plantexarán diversas cuestións e problemas sobre os temas do 1 ao 4. A cualificación deste exame así como a súa influencia na nota final detállase no apartado denominado Outros comentarios sobre a Avaliación. 40 B1
B4
C17
D1
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia consta de duas partes. Na parte I (temas do 1 ao 4) vense conceptos básicos de Electrónica e na parte II (temas do 5 ao 9) vense conceptos sobre Regulación Automática. O peso de cada parte na nota final da materia é dun 50%. A nota final en calquera oportunidade de avaliación (ordinaria, extraordinaria e Fin de Carrera) obterase sumando as notas (entre 0 e 5 puntos) obtidas en cada unha das dúas partes da materia. Para aprobar a materia en calquera edición da acta será necesario obter en cada unha das partes unha nota igual ou superior a 2,5puntos (máximo 5 puntos). No caso de obter nalgunha das partes unha nota inferior a 2,5 puntos (máximo 5 puntos), a nota final que figurará na acta será a suma das notas obtidas en ambas as partes limitándoa a un máximo de 4 puntos. As persoas matriculadas nesta materia teñen dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. O calendario de exames aprobado oficialmente pola Xunta do Centro da EIAE atópase publicado na seguinte páxina webhttp://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames.

PARTE I da materia (Electrónica):

1ª oportunidade de avaliación, modo de avaliación continuo: as competencias adquiridas relativas á parte I avaliaranse mediante un traballo (valorado entre 0 e 1 punto) e un exame escrito (valorado entre 0 e 4 puntos).

O traballo deberase facer ao longo das semanas que se impartan as clases de Electrónica, no tempo destinado a actividades non presenciais. Será un traballo autónomo. O tema do traballo publicarase en Moovi, ao comezar o curso. O traballo deberá entregarse, escrito a man, antes de que finalicen as clases da parte I da materia. O exame constará de diversas cuestións e problemas sobre os temas do 1 ao 4 indicados no apartado Contidos desta materia e farase ao finalizar as clases de Electrónica. 

Cualificación: no caso de obter unha nota igual ou superior a 2 puntos no exame (valorado entre 0 e 4 puntos), a nota correspondente á Parte I desta materia será igual á nota que se obteña no exame (valorado entre 0 e 4 puntos) máis a nota que se obteña polo traballo (valorado entre 0 e 1 punto). No caso de que a nota que se obteña no exame (valorado entre 0 e 4 puntos) sexa inferior a 2 puntos, a nota correspondente a Parte I desta materia será igual á nota que se obteña no exame (valorado entre 0 e 4 puntos). 

1ª oportunidade de avaliación, modo de avaliación global: as competencias adquiridas relativas á parte I avaliaranse mediante un exame escrito (valorado entre 0 e 5 puntos). Dito exame constará de diversas cuestións e problemas sobre os temas do 1 ao 4 indicados no apartado Contidos desta materia e farase ao finalizar o cuadrimestre, na data indicada no calendario oficial de exames. 

Cualificación: a nota correspondente a Parte I será igual á nota que se obteña no exame (valorado entre 0 e 5 puntos). 

2ª oportunidade de avaliación e fin de carreira, modos de avaliación continuo e global: as competencias adquiridas relativas á parte I da materia avaliaranse mediante un exame escrito (valorado entre 0 e 5 puntos). Dito exame constará de diversas cuestións e problemas sobre os temas do 1 ao 4 indicados no apartado Contidos desta materia e farase na data indicada no calendario oficial de exames. 

Cualificación: a nota correspondente a Parte I será igual á nota que se obteña no exame (valorado entre 0 e 5 puntos).

_

_

_

PARTE II da materia, AUTOMÁTICA

AUTOMÁTICA:  CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA NA 1ª OPORTUNIDADE.

A avaliación continua de AUTOMATICA na 1ª oportunidade consta de:

  • Unha proba de problemas e/ou exercicios sobre os contidos/competencias/resultados
    de aprendizaxe dos GRUPOS GRANDES/TEORIA. Esta proba es obrigatoria,
    representa un 35% da nota final e require un mínimo de 5 sobre 10. Esta proba
    realizarase o mesmo día que a proba global.
  • Unha proba sobre os contidos/competencias/resultados de aprendizaxe das
    clases de GRUPOS REDUCIDOS/LABORATORIO. Esta proba es obrigatoria,
    representa un 10% da nota final e require un mínimo de 5 sobre 10. Esta proba
    realizarase na última clase de laboratorio do período formativo.
  • Unha entrega dun informe de prácticas para avaliar a asistencia e
    participación activa nas clases teóricas e prácticas e nas titorías. Esta
    entrega no es obrigatoria e representa un 5% da nota final.
No caso de non superar o mínimo nalgunha das probas, a
cualificación desta parte será dita suma, limitada a un máximo de 2.45
puntos sobre 5.

AUTOMATICA: CRITERIOS DE AVALIACIÓN GLOBAL EN LA 1ª OPORTUNIDADES, 2ª OPORTUNIDADE Y FIN DE CARREIRA.

A avaliación na 1ª oportunidade, 2ª oportunidade e fin de carreira consta
de:

  • Unha proba de problemas e/ou exercicios sobre os contidos/competencias/resultados
    de aprendizaxe dos GRUPOS GRANDES/TEORIA. Esta proba es obrigatoria,
    representa un 37.5% da nota final e require un mínimo de 5 sobre 10.
  • Unha proba sobre os contidos/competencias/resultados de aprendizaxe das
    clases de GRUPOS REDUCIDOS/LABORATORIO. Esta proba es obrigatoria,
    representa un 12.5% da nota final e require un mínimo de 5 sobre 10.

No caso de non superar o mínimo nalgunha das das probas, a
cualificación desta parte será dita suma, limitada a un máximo de 2.45
puntos sobre 5.

A avaliación na 2ª oportunidade e fin de carreira é sempre global.

_
_
_

PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

Independentemente da convocatoria, no caso de non realizar algunha proba ou obter en algunha proba unha nota inferior ó límite, si a puntuación global fose superior a 5, a cualificación final en actas será 4.9, suspenso.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

_

_

Notas para a parte de Electrónica:

_Non se corrixirá ningún exame de Electrónica ao que lle falte algunha das follas do enunciado ou ben algunha das follas que se facilitan para responder as preguntas do exame. Nun exame non se corrixirá ningunha resposta escrita a lapis ou cun bolígrafo de cor vermella ou de cor verde. 

_ Á hora de representar símbolos de compoñentes electrónicos ou de circuítos integrados só se poden utilizar os símbolos explicados nas clases. No caso de electrónica dixital só se pode utilizar a simboloxía normalizada ANSI/IEEE Std. 991-1986. De non facelo así, non se puntuará o correspondente exercicio. Á hora de debuxar un diagrama de estados que describa o comportamento dun sistema secuencial ou ben se utiliza un modelo de tipo Moore ou ben se utiliza un modelo de tipo Mealy. En ningún caso se admitirá como válido outro tipo de modelo (ou representación). 

_ Non se pode fotografar o enunciado dos exames de Electrónica. Durante os exames non se poden utilizar nin ter á vista libros, apuntamentos, calculadora, teléfono móbil, tablet, etc. No caso de que unha persoa non cumpra esta norma non se lle corrixirá devandito exame e poñeráselle un cero como notada parte I da materia. Durante a revisión dun exame non se pode ter á vista un teléfono móbil ou tablet. De acordo co dereito fundamental á propia imaxe recoñecido no art.18.1 da Constitución española prohíbese gravar (audio e/ou vídeo) as clases teóricas e as titorías. Prohíbese fotografar o que escriba o profesor no encerado durante as clases. No caso de detectar a unha persoa copiando nun exame, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000