Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Matemáticas: Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realizaranse probas escritas e/ou traballos para avaliar a resolución de exercicios e/ou problemas de forma autónoma así como a participación activa. 50 B2
C1
D1
D3
D5
D8
Prácticas con apoio das TIC Realizaranse probas parciais ao longo do cuadrimestre, coas que se pretende comprobar se o alumno vai alcanzando as
competencias básicas desta materia.
50 B2
C1
D1
D3
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA NA 1ª OPORTUNIDADE:

Realizaranse probas parciáis á finalización de cada tema, salvo o último tema que será na proba final da 1ª oportunidade (en ningún caso a porcentaxe de cada proba superará o 40% da materia). Para que un/unha estudante aprobe a materia na primeira oportunidade, debe obter unha nota mínima de 5 puntos ao sumar as diferentes notas ponderadas, sempre e cando a nota de cada proba non sexa inferior a 3.5 sobre 10. En caso de non acadar nalgunha proba a nota mínima de 3.5, a nota resultante será o mínimo da media ponderada das notas acadadas e 3.5. 

Na proba final da 1ª oportunidade, os/as estudantes poderán recuperar a/as nota/s parciáis, coa perda da/s nota parciáis anteriores.

Todo/a estudante por avaliación continua terá nota numérica final seguindo o procedemento anteriormente descrito. 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN GLOBAL:

A avaliación global consiste nunha única proba onde se avaliará todos os contidos expostos ao longo do curso. Consistirá na resolución de problemas teórico/prácticos contando coa axuda do software estatístico R (100% da nota). A duración máxima da proba será de 3 horas.

Os resultados de formación e aprendizaxe avaliados e os resultados previstos na materia son todos os que se describen.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA E GLOBAL NA 2ª OPORTUNIDADE E EXTRAORDINARIA (FIN DE CARREIRA):

O sistema de avaliación na 2ª oportunidade e Extraordinaria para todo o estudantado (con avaliación continua/global ou sen avaliar na 1ª oportunidade) será o mesmo que o empregado na 1ª oportunidade para estudantes con avaliación global.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da AERO atópase publicado na páxina web do centro http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000