Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Ao longo do curso realizaranse probas que consistirán en exercicios prácticos e test para avaliar o aprendizaxe do estudantado nas sesións prácticas/teóricas. 20 B1
C11
C18
C19
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D13
Prácticas de laboratorio Valorarase a entrega de informes do contido desenvolvido nas prácticas de laboratorio. 20 B1
C11
C18
C19
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D13
Exame de preguntas obxectivas Proba de avaliación. A proba constará de preguntas de resposta curta, problemas e/ou preguntas tipo test. 40 B1
C11
C18
C19
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D13
Traballo Presentación oral por grupos dun tema proposto durante o desenvolvemento da materia. 20 B1
C11
C18
C19
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os datos correspondentes a horarios, aulas e datas de exames poderán consultarse de forma actualizada na páxina web do centro: http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Para aprobar a materia nesta convocatoria será necesario acadar como mínimo o 40% da nota máxima en cada unha das probas avaliadas. De non alcanzarse dito 40% nalgunha proba, a nota final estará limitada por 4.9. A nota da avaliación continua conservarase para o exame de segunda oportunidade.

Queda prohibido o uso de calquera tipo de dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir calquera dispositivo non autorizado na aula durante a proba de avaliación será considerado motivo de non superación da materia. Nese caso o alumno obterá a cualificación de 0 (suspenso).
As probas de avaliación continua realizaranse dentro do horario lectivo.

O estudantado ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. A/o estudante ten dereito a optar á avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. No caso de optar pola avaliación global, a materia avaliarase cun exame que incluirá contidos desenvolvidos nas clases teóricas e os contidos e problemas desenvolvidos durante as prácticas. A mesma metodoloxía aplicarase para a avaliación na convocatoria de fin de grao.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000