Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Termodinámica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Evaluarase o traballo levado a cabo durante a realización das prácticas e a memoria de prácticas presentada polo estudantado. Deberase obter unha nota superior a 5 puntos sobre 10 nesta avaliación. 10 B2
C8
C16
C19
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de tres exames parciais ao longo do desenvolvemento das clases sobre teoría e problemas. A primeira proba terá un peso do 20%, a segunda do 30%, e a terceira do 40 %. As probas superaranse se se alcanza unha nota de 5 (sobre 10). 90 B2
C8
C16
C19
D1
D3
D4
D5
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación global (decembro/xaneiro): o estudantado ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. Nesta opción, a avaliación de teoría e problemas constará dun exame fixado para a data
oficial composto de tres probas escritas correspondentes ás
tres probas parciais desenvolvidas na avaliación continua (descrita no cadro anterior).  Nestas probas
esixirase unha puntuación superior a 5 puntos sobre 10 en cada un dos
exames realizados. A avaliación das prácticas de laboratorio será a mesma que no caso da avaliación contínua. A nota final obterase como media ponderada segundo as
seguintes porcentaxes: 20% para o primeiro exame parcial, 30% para o
segundo parcial, 40% para o terceiro e 10% para o laboratorio. No caso
de que a nota ponderada supere o 5 sen que así o fixesen as notas
individuais, a nota outorgada será de 4.9.

Avaliación continua (decembro/xaneiro): o estudantado que non superase algunha (ou varias) das
probas escritas realizadas durante a avaliación continua (descrita no
cadro anterior), terá outra oportunidade no exame fixado para a data
oficial. As características deste exame foron descritas no párrafo anteior. O estudantado
deberá presentarse a parte ou ás partes non superadas. Nestas probas
esixirase unha puntuación superior a 5 puntos sobre 10 en cada un dos
exames realizados. A nota final obterase como media ponderada segundo as
seguintes porcentaxes: 20% para o primeiro exame parcial, 30% para o
segundo parcial, 40% para o terceiro e 10% para o laboratorio. No caso
de que a nota ponderada supere o 5 sen que así o fixesen as notas
individuais, a nota outorgada será de 4.9.

Para superar a materia na avaliación de xuño/xullo requerirase
obter unha cualificación superior a 4.5 puntos sobre 9 nunha proba
escrita sobre os contidos de teoría e problemas e unha cualificación
superior a 0.5 puntos sobre 1 nunha proba escrita sobre os contidos
de  laboratorio.O estudantado que levara a cabo as prácticas
previamente e foxe evaluado positivamente non necesitará realizar o
exame de prácticas conservando a nota previa  Se non se cumple
algún dos requisitos previos e, nembargantes, a suma das dúas notas
supera o 5, o alumno considerarase suspenso cunha nota final de 4.9.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola
Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web
http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000