Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Enxeñaría eléctrica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Realizaranse probas escritas e/ou traballos para avaliar a resolución de problemas de forma autónoma, ao longo da avaliación continua. 10 B1
B4
C17
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D13
Prácticas de laboratorio Valorarase positivamente a realización das prácticas e a resolución dun cuestionario referido á montaxe, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.
A realización de cada práctica e presentación do informe de prácticas valorarase entre 0 e 10 puntos. Para iso é imprescindible asistir á práctica o día e hora fixados ao comezo do curso. Non haberá recuperación de prácticas. A avaliación do conxunto de prácticas é a media aritmética das puntuacións obtidas.
A non asistencia á práctica leva asociada a cualificación de cero puntos na práctica, independentemente que o/a estudante entregue o correspondente informe.
Unha vez realizada cada práctica fixarase un prazo de presentación.
Será imprescindible obter 5 puntos sobre 10 na primeira práctica sobre Normas de Seguridade en Laboratorio, para poder realizar o resto de prácticas en laboratorio.
20 C17
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse dous exames ao longo da avaliación continua, cun peso do 35 % sobre a nota final cada un:
- Primeiro exame: correspondente aos contidos de teoría de circuítos (Parte I).
- Segundo exame: o día do exame final, correspondente aos contidos de máquinas e instalacións eléctricas (Parte II).
Cada parte valorarase de 0 a 10 puntos.
70 B1
B4
C17
D1
D3
D4
D5
D8
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O calendario de probas de avaliación atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.eres/gl/docencia/exames.

Considérase
por defecto que os/as estudantes seguen a materia mediante avaliación continua. O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o
procedemento e o prazo que estableza o centro para cada
convocatoria.

Avaliación continua:

A nota final
da avaliación continua obtense pola media ponderada dos ítem anteriores:

Nota = 0,10 x Resolución
problemas de forma autónoma + 0,20 x Prácticas + 0,35 x Exame Parte I + 0,35 x Exame Parte II

De acadarse nalgunha das partes I ou II de Exame unha nota inferior a 3 puntos sobre 10, aínda que a nota final sexa igual ou superior a 5,0 puntos, a nota máxima obtida será de 4,9 puntos.

Aqueles/as estudantes que non obtiveran unha calificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no Exame da Parte I, poderán solicitar un exame adicional a continuación do exame final da primeira oportunidade.

No exame de segunda oportunidade, o/a estudante pode optar por:
  • Manter a nota de Resolución de problemas de forma autónoma e Prácticas, e realizar un Exame da Parte I e/ou II das que non se obtivera unha calificación igual ou maior de 5 puntos sobre 10, ou en caso de querer subir nota nas mesmas. A puntuación corresponderá coa obtida en segunda oportunidade.
  • Presentarse ao exame global para obter o 100 % da nota.

Avaliación global primeira oportunidade, segunda oportunidade e Fin de Carreira:

Aqueles/as estudantes que soliciten a avaliación global para a primeira ou segunda oportunidade, ou se examinen de Fin de Carreira, realizarán un exame dividido en tres partes:

  • Exame Parte I problemas correspondentes a teoría de circuítos, cun peso do 40 %
  • Exame Parte II problemas correspondentes a máquinas e instalacións eléctricas, cun peso do 40 %
  • Exame sobre cuestións teórico-prácticas da materia, cun peso do 20 %.
De acadarse nalgunha das partes do exame global de primeira e segunda oportunidade unha nota inferior a 3 puntos sobre 10, aínda que a nota final sexa igual ou superior a 5,0 puntos, a nota máxima obtida será de 4,9 puntos.

Conservarase para a segunda oportunidade,
aquela parte ou partes da avaliación global da primeira oportunidade superadas, nas que obtiveron unha calificación igual ou maior de 5 puntos sobre 10. Por tanto, o/a estudante poderá:
  • Presentarse ao resto de partes do exame. Neste caso
    conservarase a nota da parte ou partes superadas.
  • Facer o exame
    completo, de querer subir nota nas partes xa superadas
    anteriormente. Neste caso, a puntuación corresponderase coa obtida en cada unha
    das partes do exame de segunda oportunidade.

Cada nova
matrícula
na materia supón unha posta a cero de todas as calificaciones obtidas
en cursos anteriores. Con todo, aqueles estudantes que realizasen todas as prácticas de laboratorio do curso académico inmediatamente anterior, e obtivesen unha nota de 5 puntos sobre 10 de media nas mesmas, poderán solicitar o seu recoñecemento no prazo que se estableza ao comezo de curso.

Espérase que o estudiantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detección de copia en calquera das probas (avaliación continua ou
exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección
do Centro para os efectos oportunos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000