Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Química: Química
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Expoñeranse os fundamentos teóricos e prácticos de cada un dos temas da materia, co apoio da bibliografía e materiais audiovisuais e estimularase a participación do estudantado nas clases. Ademais, os estudantes realizarán algúns cuestionarios tipo test de forma autónoma.
Seminario De xeito paralelo ás sesións maxistrais, nos seminarios abordaranse exercicios relacionados coa materia. O estudantado dispoñerá previamente de boletíns que inclúan todos os exercicios da materia e contémplase a posibilidade de que resolvan de modo autónomo unha parte dos mesmos.
Prácticas de laboratorio O alumnado realizará prácticas relacionadas cos contidos da asignatura co obxectivo de que adquiran destrezas relacionadas co manexo de materiais, reactivos e instrumentos habituais nun laboratorio.
Ao finalizar, farán un test sobre os contidos das prácticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000