Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Física: Física II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Catro exames de resolución de problemas e cuestións repartidos ó longo do cuadrimestre, cada un dos cales represente un 20% da cualificación total da asignatura. Estas probas serán recuperables.
80 A1
C2
D1
D3
D8
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Asistencia e realización de actividades no laboratorio (10%).
Elaboración posterior dun informe sobre as actividades de laboratorio e dun traballo/proxecto (10%). As actividades no laboratorio non son recuperables. O informe e o proxecto son recuperables.
20 B2
C2
D1
D3
D4
D5
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Non se establece cualificación mínima para ningunha das probas de avaliación contínua.

Compromiso do/da estudante coa avaliación continua: este compromiso materialízase pola asistencia do/da estudante ós catro exames repartidos ó longo do cuadrimestre ou pola asistencia a algunha das probas de recuperación o día do exame final. O/A estudante que non se presente a algún destes catro exames e a ningunha das probas de recuperación recibirá a cualificación de "non presentado".

Recuperación das probas de avaliación continua:

O día do exame final os/as estudantes poderán recuperar cada un dos catro exames realizados ó longo do cuadrimestre. Poderán elexir qué partes queren recuperar ou mellorar. Consignarase sempre a maior calificación obtida entre a recuperación e o exame realizado durante o cuadrimestre. Os/As estudantes terán tamén a opción de entregar o informe de prácticas e o traballo/proxecto ata o día do exame final se non o entregaron no prazo establecido ou se desexan melloralo.

Avaliación de segunda oportunidade e avaliación de fin de carreira: farase do mesmo xeito que a recuperación da primeira oportunidade, pero na data establecida oficialmente para cada unha das convocatorias.

Avaliación global: 

Os/as estudantes teñen dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

Os/as estudantes que opten por esta modalidade farán un exame que abarque os contidos de toda a materia e que pode conter preguntas ou exercicios relativos ás prácticas de laboratorio.

Datas de avaliación: o calendario de exames atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000