Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Matemáticas: Cálculo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Realizarase unha proba escrita para cada unha das partes da materia para avaliar a resolución de exercicios e/ou problemas de forma autónoma. Cada proba terá un peso do 25%.
RA1, RA2, RA3
50 A1
B2
C1
C32
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Prácticas con apoio das TIC Asistencia e realización correcta das prácticas mediante programas informáticos.
RA3
10 C1
D1
D4
D5
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización dun exame final no que se recollen os contidos correspondentes ás sesións maxistrais e á resolución de problemas.
RA1, RA2
40 A1
B2
C1
C32
D1
D3
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A modalidade
de avaliación preferente é a avaliación continua. O/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global (o 100% da cualificación na data oficial) segundo o
procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria.

En calquera convocatoria é necesario obter un 5 para aprobar
a materia. Cada exame puntuará sobre 10. Dado que a materia ten dúas partes ben
diferenciadas, será necesario ter un mínimo de 2 sobre 5 en cada parte. No caso
de obter unha nota inferior a 2 puntos nalgunha das partes, a nota final que
figurará na acta será como máximo 4.8
puntos. (*)

A duración máxima de calquera exame será de 3 horas.

Avaliación segunda oportunidade:

Realización
dun exame no que se avaliarán os resultados de aprendizaxe e a
obtención das competencias sinaladas na guía docente. O exame
proporcionará o 90% da cualificación. No caso de ter obtido un mínimo de 3 puntos nunha parte (e non ter
logrado 2 puntos na outra parte), o estudantado pode optar por
realizar unicamente a parte suspensa ou o exame completo. Será de
aplicación igualmente o criterio indicado en (*).

O estudantado pode optar por manter a cualificación obtida na avaliación continua da parte práctica ou realizar de novo unha proba específica para completar o 10% restante da cualificación.

Procedemento de avaliación global (calquera convocatoria):

Realización
dun exame no que se avaliarán os resultados de aprendizaxe e a
obtención das competencias sinaladas na guía docente. O exame
proporcionará o 100% da cualificación. Será de
aplicación igualmente o criterio indicado en (*).

Datas de avaliación:

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames.

Espérase que o estudiantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a asignatura. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Recórdase a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou ordenadores portátiles en exercicios e prácticas dado que o Real Decreto 1791/2010, de o 30 de decembro, por o que se aproba o Estatuto de o Estudante Universitario, establece en o seu artigo 13.2.d), relativo a os deberes de os estudantes universitarios, o deber de:

"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000