Educational guide 2020_21
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Matemáticas: Cálculo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas de forma autónoma Realizaranse probas escritas e/ou traballos para avaliar a resolución de exercicios e/ou problemas de forma autónoma.
RA1, RA2, RA3
40 CB1
CG2
CE1
CE32
CT1
CT3
CT4
CT5
CT6
CT8
Exame de preguntas de desenvolvemento Farase un exame final sobre os contidos da totalidade da materia.
RA1, RA2
60 CB1
CG2
CE1
CE32
CT1
CT3
CT4
CT5
CT8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No caso de non asistir á clase presencialmente, docencia
mixta ou non presencial, para poder optar á avaliación é preciso subir unha
foto actualizada á plataforma de teledocencia para poder identificar ao
alumnado.



En calquera convocatoria é necesario obter un 5 para aprobar a
materia. O exame puntuará sobre 10. Dado que a materia ten dúas partes
ben diferenciadas, será necesario ter un mínimo de 2 sobre 5 en cada
parte. No caso de
obter unha nota inferior a 2 puntos nalgunha das partes, a nota
final que figurará na acta será a suma de ámbalas dúas notas
limitada a un máximo de 4.8 puntos. (*)



A duración máxima de calquer exame será de 3 horas.

Avaliación segunda oportunidade (asistentes):

Realización
dun exame no que se avaliarán os resultados da aprendizaxe e a
obtención das competencias sinaladas na guía docente. O dito exame
proporcionará o 100% da cualificación desta convocatoria.

No caso de ter obtido un mínimo de 3.5 puntos nunha parte
(e non ter alcanzado 2 puntos na outra parte), o alumno pode
optar a realizar únicamente a parte suspensa ou o exame completo.
Será de aplicación igualmente o criterio indicado en (*).

Procedemento de avaliación para non asistentes (calquera convocatoria):

Realización
dun exame no que se avaliarán os resultados da aprendizaxe e a
obtención das competencias sinaladas na guía docente. Dito exame
proporcionará o 100% da cualificación desta convocatoria. Será de
aplicación igualmente o criterio indicado en (*).

Datas avaliación:

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames

Espérase
que os estudantes presenten un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado
(copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e
outros) considerarase que o/a alumno/a non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no
presente curso académico será de suspenso
(0.0).

Lémbrase a prohibición do uso de
dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios e
prácticas dado que o Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que
se aproba o Estatuto do Estudante Universitario, establece no seu
artigo 13.2.d), relativo aos deberes dos estudantes universitarios, o
deber de :

"Absterse da
utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de
avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da
universidade".


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000