Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Matemáticas: Cálculo II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
En caso de circunstancias excepcionais:

Docencia virtual
A actividade docente levarase a cabo mediante Campus Remoto reforzada co uso da plataforma de teledocencia Moovi sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do estudantado aos contidos docentes.

Titorías
Todas as sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos, ben de xeito asíncrono (foros e mensaxería das plataformas de teledocencia, ou o correo electrónico) ben mediante videoconferencia, neste caso baixo a modalidade de concertación de cita previa.

Avaliación
Os exames realizaranse de modo presencial salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas. En calquera caso, seguen vixentes todos os comentarios incluídos no apartado de Avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000