O obxectivo da materia é que o estudantado coñeza e domine as técnicas básicas do cálculo integral, cálculo vectorial, ecuacións diferenciais ordinarias e as súas aplicacións, necesarias tanto para outras materias da titulación como para o exercicio profesional.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado:
a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés,
b) atender as titorías en inglés,
c) probas e avaliacións en inglés.