Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Expresión gráfica: Expresión gráfica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame ordinario con preguntas de desenvolvemento de teoría e exercicios prácticos, sobre dos contidos tratados nas distintas sesións, a realizar:

1º parcial en torno á semana 7ª (30%).

Examen final na data establecida polo centro, que comprende: 2º parcial (30%), máis a recuperación ou mellora do 1º parcial.

60 A1
C5
D1
D3
D4
D6
D8
Prácticas con apoio das TIC Avaliación das prácticas realizadas semanalmente, que se completan na casa. Publicaranse informes periódicos coas calificacións obtidas. 30 A1
C5
D1
D4
D6
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliación dun traballo realizado durante o curso, consistente no deseño de compoñentes, ensamblado dos mesmos e simulación do mecanismo. 10 C5
D1
D3
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación continua incluirá todo o traballo desenvolvido de modo presencial ou non presencial, daquelas actividades
individuais e grupais programadas. A asignatura supérase mediante a avaliación continua ao acadar 5,00 puntos en
cada unha das 3 partes en que se divide. No caso de non acadar 5,00 en cada parte, a materia tamén pode superarse se en cada parte se supera o 4,5 e a media resulta igual ou superior a 5,00 puntos. No caso de que a media sexa igual ou superior a 5 pero non se chegue ao 4,5 nalgunha das partes, a nota que figurará en acta será 4,9.

A mediados do curso (semana 7ª) realizarase un exame parcial (30% da nota total). A cualificación desta primeira parte será a obtida nese exame parcial ou ben na súa recuperación no exame final. O exame final, na data fixada polo centro, constará de dúas partes: a recuperación do primeiro parcial máis o exame do segundo parcial. A cualificación do segundo parcial será a obtida no exame final desta parte (30% da nota total). O 40% restante da nota total, segundo a metodoloxía anteriormente esposta, obterase polas prácticas e traballos realizados durante o curso nas porcentaxes indicadas.

No caso de non seguir o proceso de avaliación continua o/a estudante poderá presentarse ao exame final da materia, podendo neste caso completarse dito exame co exame das prácticas. A súa cualificación será a obtida en dito exame.

O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. 

Para a avaliación da segunda oportunidade manteranse as cualificacións das partes superadas anteriormente, debendo recuperarse as non superadas e podendo presentarse tamén ás superadas co obxectivo de mellorar a cualificación final.

Datas avaliación:
Segundo o calendario de exames aprobado oficialmente pola Xunta da Escola, que se publica na súa páxina web: http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames. A parte práctica, de ser o caso, podería requerir algún tipo de prova ó marxe de tales datas.

Compromiso ético: "Espérase que o estudantado presente un
comportamento ético axeitado. En caso de detectar un comportamento ético
non axeitado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non
autorizados, e outros) considerarase que o/a alumno/a non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación
global no presente curso académico será de suspenso (0.0). No caso de
ser necesario, poderase realizar un novo exame para verificar a
adquisición de competencias e coñecementos por parte do alumnado
implicado."

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000