Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Expresión gráfica: Expresión gráfica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia na data establecida polo Centro.
Aspectos a repasar e refrescar sobre conceptos fundamentais e construccións xeométricas básicas, a realizar na casa a primeira semana do curso.
Lección maxistral Sesión maxistral activa na que cada unidade temática será presentada polo profesor e complementada cos comentarios dos estudantes, baseados na bibliografía xeral que se facilita e noutra específica que se poda engadir para cada tema particular.
Prácticas con apoio das TIC As prácticas presenciais complemetaranse con exercicios a resolver na casa, de maneira individual ou colectiva, á man e/ou con ordenador, orientados á aplicación da teoría e a acadar destreza tanto na utilización das ferramententas tradicionais como automatizadas o que implica a utilización das TICs. Habilitarase un espazo a tal fin en moovi.
Seminario Para orientación e seguimento do traballo práctico, formación de grupos e resolución de dúbidas.
Resolución de problemas de forma autónoma Exercicios curtos, prantexados semanalmente, a resolver polo alumno na casa; así como un traballo a desenvolver durante o curso para entregar ó remate, consistente na creación dos compoñentes e ensamblado dos mesmos para configurar o mecanismo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000